Vía Crucis reivindicativo contra o novo mapa sanitario e os "recostes, copagos e repagos" en Sanidade

Pontevedra
08 de febreiro 2014

Desde Monte Carrasco, nos terreos onde está proxectada a construción o novo hospital, ata Montecelo. ÿ o percorrido que completaron este sábado unha trintena de persoas que desafiaron ao mal tempo para participar no Vía crucis reivindicativo organizado pola Federación de Asociacións de Veciños Castelao. ÿ unha nova forma de protesta polo "castigo" ao que Sanidade somete, din, aos usuarios do área norte

Vía crucis en defensa da sanidade pública en Monte Carrasco
Vía crucis en defensa da sanidade pública en Monte Carrasco / PontevedraViva

Desde Monte Carrasco, nos terreos onde está proxectada a construción o novo hospital, ata Montecelo. ÿ o percorrido que completaron este sábado unha trintena de persoas que desafiaron ao mal tempo para participar no Vía Crucis reivindicativo organizado pola Federación de Asociacións de Veciños Castelao. ÿ unha nova forma de protesta polo "castigo" ao que Sanidade somete, din, aos usuarios do área norte.

Durante os dous quilómetros que percorreron a pé, os participantes portaban cruces e pancartas en contra da privatización da sanidade pública. Pero segundo Verísimo Pazos, presidente da Federación, esta marcha non ía só dirixida a quen "tanto dano nos está a facer polas políticas nefastas que están a desenrolar contra a nosa vida e a nosa saúde", senón tamén a todos os cidadáns "que o estamos a consentir pensando que non se pode facer nada".

Ao longo do percorrido, que transcorreu por diante do campo de fútbol de Marcón e o cemiterio parroquial ata a Perralla para dirixirse despois cara a Montecelo, instaláronse as 14 cruces propias do Vía Crucis, a primeira delas en Monte Carrasco, deixando un escrito denunciando "alguna das pérdidas que sufriu a sanidade pontevedresa nos últimos anos", a última delas coa nova reordenación do mapa sanitario.

Unha vez en Montecelo, o colectivo leu un manifesto no que acusaron ao goberno galego de "debilitar" a sanidade pública en beneficio da iniciativa privada, "deteriorando a súa imaxe para derivar aos enfermos aos centros privados e repagar por ela", unha situación que, denuncian, está creando unha sanidade "para ricos", na que "os nenos e vellos teremos que morrer e os que aguanten terán que ir aos centros de beneficiencia como hai dous séculos".

Os 'penitentes' criticaron que a Xunta de Galicia non impulse un Hospital ÿnico en Montecelo, unha reivindicación que agora suman á esixencia por contar cunha carteira de servizos de calidade "para non ter que saír da nosa área" e a defensa dos pacientes contra os "recostes, copagos e repagos" dos servizos hospitalarios, o céntimo sanitario nos carburantes, a perda de persoal profesional ou o "desmantelamento xeralizado" da área sanitaria.

Esta mobilización terá continuidade o próximo 14 de febreiro coa manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.