Denuncia de Vaipolorío pola presenza dunha nova vertedura nun afluente do Gafos

Pontevedra
22 de abril 2024

É a segunda vertedura que aparece neste camiño de servizo de ADIF durante os últimos días, segúndo denuncia a asociación ecoloxista. Os integrantes da agrupación avisaron ao 112 Galicia

Rodas e outros refugallos na contorna do río Cubela
Rodas e outros refugallos na contorna do río Cubela / Vaipolorío

A asociación Vaipolorío alerta da presenza dunha nova vertedura de material no camiño de servizo de ADIF, nas proximidades do río Cubela, afluente do río Gafos, pola marxe esquerda da baixada do monte de Salcedo.

Entre outros obxectos atópanse abandonados nese punto plásticos, rodas e un arcón frigorífico.

Segundo sinalan desde Vaipolorío é a segunda vertedura que se rexistra neste camiño durante os dous últimos días, afectando o espazo natural de interese local (ENIL).

Entre os residuos aparecidos nos últimos días figuraban unha bañeira, un bidón grande e sacos con restos de obra.

Desde o colectivo ecoloxista alertaron ao 112 Galicia para que se realicen os operativos necesarios para a retirada destes restos.