Vaipolorío: 24 anos, 24 campañas de limpeza

Pontevedra
22 de xullo 2024
Actualizado: 19 de xullo 2025

O vindeiro domingo, 28 de xullo, abre un mes de limpeza nos ríos da contorna de Pontevedra. A asociación ecoloxista Vaipolorío inicia a 24ª Campaña de limpeza do río Cocho -Toxal-Tomeza-Gafos. Haberá sesións de limpeza cada domingode agosto

Limpeza voluntaria do río Gafos, a cargo de Vaipolorío
Limpeza voluntaria do río Gafos, a cargo de Vaipolorío / Vaipolorío

O vindeiro domingo, 28 de xullo, a asociación ecoloxista Vaipolorío inicia a 24ª Campaña de limpeza do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos. Colabora a Fundación Xoán XXIII e a Cruz Vermella.

Con esta campaña, Vaipolorío suma 24 campañas, tantas coma anos ten de vida este colectivo "protexendo, estudando e divulgando o río dos Gafos".

Haberá sesións de limpeza cada domingo ata o 25 de agosto co obxectivo de mellorar a situación destes ríos afluentes do Gafos. 

O punto de encontro será cada domingo ás 10.00 horas diante do Albergue dos Peregrinos da rúa Otero Pedrayo.

O colectivo convida a toda xente que queira participar nunha xornada ou varias de limpeza a que se poña en contacto con Vaipolorío no número de teléfono 676 842 942. Deben contactar antes de cada venres para reservar. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora