A asociación Vaipolorío convoca para o vindeiro domingo 11 de agosto unha nova xornada para limpar o leito e a contorna do río dos Gafos.
Para participar nesta limpeza é necesario avisar este venres 9 no teléfono da asociación ecoloxista: 676.842.942.
Na última xornada, os voluntarios da agrupación retiraron 210 quilos de lixo. Participaron 22 persoas voluntarias e a limpeza realizouse unicamente no tramo rural do río.
A campaña de limpeza del Río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos impulsada pola asociación ecoloxista Vaipolorío comezou o pasado 28 de xullo.