Denuncian a inseguridade no Carlos Oroza polas obras de ampliación do centro

Pontevedra
02 de outubro 2015

O sindicato CIG-Ensino denunciou a situación que se está a vivir no CIFP Carlos Oroza a raiz das obras de ampliación iniciadas no comenzo do curso. Segundo sinalan existe "unha situación de inseguridade tanto para o alumnado coma para o profesorado, que teñen que pasar por un entramando de andamios convertidos en escaleiras para acceder ás aulas"

CIFP Carlos Oroza
CIFP Carlos Oroza / Mónica Patxot

O sindicato CIG-Ensino denunciou a situación que se está a vivir no CIFP Carlos Oroza a raiz das obras de ampliación iniciadas no comenzo do curso. Segundo sinalan existe "unha situación de inseguridade tanto para o alumnado coma para o profesorado, que teñen que pasar por un entramando de andamios convertidos en escaleiras para acceder ás aulas".

Ademáis indican que o alumnado e o profesorado están a soportar "grandes índices de ruido, así como de vibracións que impiden desenvolver a actividade docente con normalidade".

As máquinas que están a facer as zanxas para a ampliación do edificio están pegadas ás aulas, provocando situacións "moi difíciles para o desenvolvemento das clases", algunha das aulas foron trasladadas a outro edificio da Cidade Infantil Príncipe Felipe pero outras das aulas seguiron e seguen convivindo coas obras.

As máquinas comparten a entrada e saída do edificio así como a zona de aparcamento do centro, "elevando o índice de perigosidade".

A CIG-Ensino considera unha "irresponsabilidade" a actitude da Xefatura Territorial que consinte esta situación, "ademáis está permitindo que a actividade docente se desenvolva en medio de obras aumentando así a posibilidade de que poida exisitir algún tipo de accidente".

A central nacionalista lembra que lle corresponde á administración garantir tanto a seguridade laboral coma a escolar, algo que ao seu xuízo "non está a dar, xa que están a convivir obras e docencia no mesmo espazo".

Dende a CIG-ensino solicitan que se apliquen "todas as medidas correctoras necesarias para garantir a seguridade de todos os membros da comunidade educativa".