O Centro de Hostalería 'Carlos Oroza' estrea novos espazos de cociña

Pontevedra
16 de febreiro 2016

As obras de ampliación da primeira fase, dotadas cun investimento superior aos 1,2 millóns de euros, consistiron na construción dun novo volume de case 1.700 metros cadrados, composto por un baixo e outras dúas plantas

Inauguración das novas instalacións no CIFP Carlos Oroza
Inauguración das novas instalacións no CIFP Carlos Oroza / Consellería de Educación

O CIFP de Hostalería Carlos Oroza estreou novas instalacións tras a construción dun novo volume de case 1.700 metros cadrados, formado por un baixo e outras dúas plantas. O conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez asistiu á inauguración destes novos espazos que contan cunha cociña demostración na planta baixa, cun economato e un almacén con cámaras de frío. Na primeira planta instalouse un aula-taller de cociña.

Estes traballos forman parte da primeira fase das obras nas que a Consellería investiu máis de 1,2 millóns de euros. Está previsto que se acometa unha segunda fase coa creación de talleres de panadería e pastelería, ademais de confeitería e chocolatería no segundo piso.

Segundo informa a Consellería, o Carlos Oroza é un centro pioneiro á hora de desenvolver proxectos de FP Dual, nos que se compatibiliza a formación no centro coa realizada en espazos de traballo reais para preparalos de fronte ao mundo laboral.

Román Rodríguez destacou a posta en marcha dunha iniciativa que se está desenvolvendo no centro para investigar novos usos culinarios da lapa, ademais doutro proxecto orientado a obter fibras vexetais para que se empreguen como ingrediente alimentario.