A Policía local de Pontevedra instruíu dilixencias xudiciais contra un mozo e o seu pai por un presento delito contra a seguridade viaria.
En concreto acúsase o condutor dun vehículo, de 19 anos, por circulares sen carné e ao seu proxenitor, que o acompañaba, como cooperador necesario.
Os feitos denunciados ocorreron o pasado 28 de xaneiro, sobre as 17.20 horas, na Avenida de Lugo.
Nese momento unha patrulla que se encotraba no lugar observou como un turismo que circulaba en dirección ao centro da cidade detíñase de forma brusca na beiravía ao decatarse da presenza policial.
Os axentes, segundo o relato municipal, foron testemuñas de como o condutor e o acompañante tentaban intercambiar os seus postos dentro do coche.
Por ese motivo procederon á identificación de ambos, comprobando que o condutor, de 19 anos, nunca obtivera o permiso de circulación. O seu acompañante, de 45 anos, resultou ser o seu pai e titular do turismo.
O vehículo non foi inmobilizado xa que o seu titular si dispuña de permiso de condución en vigor, pero cumprimentouse un ateigado policial para ser remitido á autoridade xudicial competente.
Lembra a Policía Local que este tipo de delitos contra a seguridade viaria poden levar penas de prisión de tres os seis meses, multas de doce os vinte e catro meses ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.