O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, arroupado por todo o seu equipo de goberno, presentou este luns no salón de plenos do Pazo provincial un investimento "histórico" de 128 millóns de euros para os concellos en 2026.
Nun acto que reuniu a alcaldes e representantes municipais de toda a provincia no Salón de Plenos do Pazo da Deputación, Luís López presentou hoxe un ambicioso paquete de investimentos que alcanzará os 128 millóns de euros en 2026, unha "cifra sen precedentes na historia da institución". Este esforzo financeiro canalizarase a través de tres grandes programas: o Plan Máis Provincia, o Plan de Infraestruturas Deportivas e o Plan Extra "Provincia Extraordinaria".
O presidente da Deputación subliñou que estes fondos supoñen "un salto inédito" na traxectoria de apoio aos concellos da provincia, especialmente aos pequenos e medianos, con medidas que fortalecen a súa autonomía e capacidade de execución de proxectos estratéxicos.
O Plan Máis Provincia 2026 contará cun orzamento de 50 millóns de euros, o que supón un incremento do 3,7 % respecto ao ano anterior. Este plan estruturarase en catro liñas principais: Liña 1: Investimentos, con 35 millóns de euros (70 % do total); Liña 2: Gasto corrente, con 4,1 millóns; Liña 3: Emprego, con 9,6 millóns para a contratación de persoas desempregadas e Liña 4: Proxectos estratéxicos, con 1,25 millóns.
Nos dous últimos anos, este plan financiou máis de 600 actuacións e permitiu a contratación de máis de 1.400 persoas desempregadas, cun investimento total próximo aos 97 millóns de euros.
Como novidade para 2026, a Deputación permitirá aos concellos solicitar con antelación fondos do exercicio 2027 para financiar obras plurianuais. Así, adiantaranse xa 35 millóns de euros do Plan Máis Provincia 2027, elevando a 85 millóns a dotación prevista en investimentos directos para o próximo ano.
Luís López tamén anunciou un novo impulso ao deporte local. Por terceiro ano consecutivo, a Deputación porá en marcha o Plan de Infraestruturas Deportivas, destinado tamén aos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes. Esta nova edición contará cunha dotación de 8 millóns de euros, co obxectivo de modernizar instalacións municipais e reforzar o tecido deportivo provincial.
Desde a súa creación, este plan permitiu acometer máis de 180 actuacións en equipamentos deportivos, fomentando a práctica do deporte e mellorando as condicións para adestramentos, competicións e actividades recreativas.
Ademais, a terceira gran medida anunciada hoxe foi o segundo Plan Extra "Provincia Extraordinaria", que se activará de maneira inmediata con 35 millóns de euros dirixidos a financiar proxectos estratéxicos tamén en municipios de menos de 50.000 habitantes.
Este plan contempla subvencións que oscilan entre 500.000 e 1,1 millóns de euros por proxecto, con distintos niveis de cofinanciación segundo o tamaño do municipio. As axudas adxudicaranse por concorrencia competitiva, priorizando aqueles investimentos aliñados coas competencias propias dos concellos. Por exemplo, proxectos que non estean dentro do ámbito competencial municipal, como unha piscina climatizada nun concello de menos de 5.000 habitantes, non obterán puntuación nese criterio.
O presidente da Deputación de Pontevedra destacou que, sumando as tres iniciativas —50 millóns do Plan Máis Provincia 2026, 35 millóns anticipados da liña de investimentos do Plan 2027, 8 millóns para infraestruturas deportivas e 35 millóns do Plan Extra—, a Deputación de Pontevedra mobilizará un total de 128 millóns de euros en 2026. Trátase, segundo a institución, da maior activación de recursos na historia provincial nun só mandato.
"Son 128 millóns de euros que se traducen en máis servizos, máis infraestruturas e máis emprego para os veciños e veciñas desta provincia", afirmou o presidente, destacando que este investimento é posible grazas á estabilidade financeira do ente provincial.
Ademais, a Deputación anunciou que amortizará de forma anticipada os 19,5 millóns de euros do crédito solicitado en 2021 para financiar o plan ReacPon. Con esta operación, elimínase a débeda pendente e recupérase a plena autonomía financeira da institución.
"En lugar de seguir pagando intereses, liberamos á administración provincial desta carga para seguir dedicando cada euro ao servizo dos nosos concellos", concluíu o presidente.

A Deputación presenta os investimentos en municipios durante 2026