Deputación destina 2,2 millóns a cofinanciar servizos sociais nos concellos

Pontevedra
10 de xuño 2018

Ata 52 concellos da provincia serán os beneficiarios dos 2,2 millóns de euros que a Deputación de Pontevedra destinará para cofinanciar os servizos sociais en municipios de menos de 20.000 habitantes

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra Deputación de Pontevedra

Ata 52 concellos da provincia serán os beneficiarios dos 2,2 millóns de euros que a Deputación de Pontevedra destinará para cofinanciar os servizos sociais en municipios de menos de 20.000 habitantes. 

"É con este goberno da Deputación co que achegamos o maior orzamento destinado nunca aos servizos sociais comunitarios na provincia, e grazas a isto, os concellos poden ter a estrutura suficiente para atender de xeito adecuado os servizos sociais comunitarios", destacou a presidenta Carmela Silva.

Os cartos servirán, por unha banda, para financiar o servizo de axuda no fogar básico, e pola outra, para contratar persoal técnico para os equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios.

A través de este programa, apóiase a contratación de persoal para o servizo de educación e apoio familiar dos concellos que ata agora non contaban con este servizo básico, entre eles Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Moraña.

Ao ámbito de Pontevedra destinaranse 433.189,60 euros, que se repartirán entre Barro (31.591,27), Caldas (50.907), Campo Lameiro (23.275,79), Cuntis (37.469), A Lama (29.786,64), Moraña (23.577), Poio (89.618,33), Ponte Caldelas (40.917), Portas (29.806,5), Cerdedo-Cotobade (55.482,57) e Vilaboa (20.866,5).

Bueu recibirá 51.786 euros e, no Salnés, repartiranse 457.968,76 euros entre Cambados (46.623,50), O Grove (50.189,79), A Illa de Arousa (21.014,50), Meaño (55.042), Meis (31.224,86), Ribadumia (29.296,63), Sanxenxo (62.202) ou Vilanova de Arousa (82.939,48).