A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o expediente para sacar a licitación o proxecto para renovar a iluminación monumental e paisaxística do Castelo de Soutomaior.
O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez. presidiu este venres a reunión do executivo provincial debido a que o titular da institución Luís López atópase de viaxe oficial en Bruxelas.
Rafa Domínguez deu conta en rolda de prensa dos asuntos abordados nesa Xunta de Goberno entre os que destaca esta actuación que conta cun orzamento de 2 millóns de euros.
Está incluída no proxecto de mellora patrimonial do castelo, que ascende na súa totalidade a máis de 2,5 millóns e que está financiado con fondos europeos ligados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e que inclúe outras propostas como a mellora da accesibilidade na Torre da Homenaxe ou a introdución de novas tecnoloxías de realidade virtual.
A intención é dotar ao recinto dunha nova iluminación ornamental, co obxectivo de trasladar á paisaxe nocturna a esencia da imaxe do castelo.
Rafa Domínguez destacou que o Castelo de Soutomaior e os seus xardíns son "un referente patrimonial, cultural e turístico da nosa provincia" e a Deputación pretende polo en valor e potencialo, manteniéndolo además en perfecto estado de conservación.
Ademais tamén se vai a executar a reforma eléctrica e da iluminación no castelo e na parcela na que se atopa.
A actuación contempla a renovación dunhas instalacións eléctricas obsoletas, a reforma do Centro de Transformación e a instalación dun novo grupo electróxeno e novos cadros eléctricos.
Ademáis a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar o expediente para contratar as obras de renovación de instalacións de iluminación exterior sostible en nove concellos da provincia, unha actuación que conta cun orzamento total de máis de 930.000 euros e que está financiado ao 85% polos fondos Next Generation a través do programa DUS 5000, dividíndose o 15% restante entre a Deputación (8%) e os concellos (7%).
As obras que permitirán que A Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro e Tomiño teñan un aforro enerxético do 74%.
PLAN +PROVINCIA
Rafa Domínguez tamén salientou que o Plan +Provincia da Deputación mobiliza esta semana 1,7 millóns de euros para que 8 concellos impulsen novos investimentos e afronten gasto corrente.
Estes novos recursos beneficiarán a Barro, Cangas, Gondomar, Lalín, Cuntis, Marín, Mos e O Rosal.
O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, asegurou que o goberno provincial segue "avanzando", no reparto de fondos do +Provincia, o plan de obras e servizos de competencia municipal "máis ambicioso da historia da Deputación", que xa leva distribuídos preto de 30 millóns de euros neste 2025 entre os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes.
LÍNGUA GALEGA
Rafa Domínguez tamén informou que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o reparto de 150.000 euros para que 41 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia poidan realizar actividades de dinamización da lingua galega.
En total, cada un dos concellos recibirá achegas que oscilan entre os 500 e os 9.600 euros para organizar obradoiros, impulsar proxectos audiovisuais e premios literarios, programar espectáculos, editar libros en galego ou, entre outras iniciativas, deseñar actividades de dinamización lingüística.
O vicepresidente destacou que a lingua galega "dota ao noso pobo dunha identidade única que nos proxecta no mundo", asegurou o vicepresidente provincial, Rafa Domínguez.
Por outra banda, a Deputación activou este venres a campaña "100% Gastronomía das Rías Baixas", coa que promocionará con food trucks as festas gastronómicas de interese turístico na provincia.
A institución provincial destinará preto de 280.000 euros á contratación desta campaña, que achegará ata 366 degustacións aos 61 concellos da provincia "para promocionar e poñer en valor a nosa gastronomía".
En total, promoveranse 366 degustacións en formato de pinchos ao longo de cinco meses para o público asistente.