O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reivindicou o uso da lingua galega desde un punto de vista "positivo, desde a unidade e con visión de futuro".
Reafirmou o compromiso do organismo provincial de "seguir protexendo e promovendo o uso da lingua", tanto con iniciativas propias como co apoio a entidades que defenden o galego.
"Esta Deputación tamén aspira a ondear a bandeira do impulso ao galego", afirmou o presidente.
Foi durante o acto de conmemoración do Día das Letras Galegas no salón de plenos, onde se presentou, diante dun cento de persoas, a primeira parte dun documental titulado "Mozas da miña aldea".
Con el, o ente provincial se suma á homenaxe á poesía popular oral, á que a Real Academia Galega dedica este ano o Día das Letras Galegas.
A Deputación citou no Pazo Provincial a todas as persoas que fixeron posible a elaboración do proxecto "Mozas da miña aldea. As cantareiras e a poesía popular oral na provincia de Pontevedra", así como representantes de entidades relacionadas coa normalización lingüística.
Trátase dun documental promovido polo organismo provincial, estruturado en cinco episodios, nos que investigadores da música tradicional galega e as mulleres que transmitiron a tradición oral a través da poesía e a música popular son protagonistas.
O deputado de Cultura, Jorge Cubela, foi o encargado de dar a benvida nesta xornada festiva e sinalou que "desde a Deputación de Pontevedra non dubidamos en unirnos a esta homenaxe cun proxecto propio que afonda nas raíces da nosa provincia e nas voces das súas mulleres".
"Traballamos, con todas as nosas forzas, a diario, para que a nosa cultura se recoñeza, se respecte e se proxecte con orgullo dentro e fóra do noso país", sinalou.
Este primeiro capítulo está dedicado ás cantareiras dos Seráns de Toutón, en Mondariz; un grupo de mozas desta aldea que realizaban xuntanzas festivas para cantar e bailar.
Luis Prego, coordinador xeral do proxecto, foi o encargado de explicar a relevancia destas cantareiras de Toutón e das demais que compoñen o documental na tradición oral da música e poesía popular galega na provincia.
O acto contou tamén coa actuación das Pandereteiras de Sadeo, as de Su Garrido e Marco Maril, así como a entrega dun agasallo ás pandereteiras de Toutón.
No uso da lingua como forma de "divulgar, dignificar, asimilar, enriquecer, normalizar e promover" o idioma galego centrou o presidente Luis López o seu discurso, que reivindicou que o galego é lingua vehicular da Deputación os 365 días do ano
Con todo, apela o presidente da Deputación a "que todo o mundo se sume ao uso da lingua".
"A causa do galego non é cativa. Todos e todas cabemos dentro dela", recoñeceu Luis López salientando o "acerto" de dedicar esta xornada á poesía popular oral.
Este documental percorrerá a provincia para presentar os vindeiros episodios.

Acto institucional da Deputación polo Día das Letras Galegas