Varios deputados nacionais do Partido Popular pola provincia, como Ana Pastor, María Ramallo e Javier Bas xunto ás senadoras Pilar Rojo e Elena Muñoz, criticaron este sábado en rolda de prensa os Orzamentos Xerais do Estado (PGE).
"Son uns orzamentos que crecen por todas partes menos en Galicia e na provincia", sinalou Ramallo, que sinalou que o PP apoiou as emendas que o BNG presentou para a provincia, mentres que o PSOE rexeitou absolutamente todas, as dos populares e a dos nacionalistas.
Os populares explicaron presentaron 48 emendas específicas de proxectos para Pontevedra xunto a outras de carácter xeral pero que teñen incidencia directa nos cidadáns da provincia, citando neste campo a redución de impostos.
Entre esas emendas rexeitadas os representantes do PP sinalaron a petición de crear unha Unidade de Prevención e Reacción policial en Pontevedra ou crear unha partida de 34 millóns de euros para o Xacobeo "con toda a importancia que vai ter para a recuperación da provincia e de Galicia o próximo ano", defenderon.
Para os deputados e senadores estes orzamentos deberían ser "menos ideolóxicos e máis útiles", polo que denuncian que ao seu xuízo a prioridade do PSOE non é defender a provincia.