O grupo provincial do Partido Popular reclamará no pleno da Deputación de Pontevedra un "mellor trato" do Goberno central á provincia. Así o sinala a voceira do grupo, Pepa Pardo, que defenderá unha moción para reivindicar que a Deputación defenda á provincia fronte aos agravios producidos polo Goberno de Pedro Sánchez.
Con esta moción o PP buscará un enfrontamento entre os socios de goberno do BNG e PSOE no Pleno por mor dos orzamentos do Estado aos que votaron en contra os nacionalistas.
Pardo sinala que o orzamento para 2021 é "o peor dos últimos quince anos", e difiniuno como "ideolóxico e poco útil, con receitas que prexudican moito a Galicia e a esta provincia".
A portavoz popular agarda que no pleno deste venres "saia da Deputación unha fronte común para reclamar, como mínimo, que manteñan e executen todos os investimentos que estaban recollidos no documento anterior".