Desactivada a Situación 2 no incendio de Santa Cristina de Cobres, que continúa activo

Vilaboa
23 de agosto 2025
Actualizado: 11:11

Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) que durante esta noite de venres ao sábado realizaron labores de vixilancia e liquidación de puntos quentes

Noite do 23 de agosto en Vilaboa

A Consellería do Medio Rural informou da situación dos incendios forestais rexistrados en Galicia con datos recollidos ata as 10.00 horas de hoxe sábado.

Como principal novidade a esa hora cómpre salientar que desactivouse a Situación 2 no lume na localidade de Vilaboa-Santa Cristina de Cobres.

Este incendio segue activo desde as 16.37 horas do xoves 21. 

Segundo as últimas estimacións provisionais, o incendio afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. 

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 3 técnicos, 19 axentes, 35 brigadas, 30 motobombas, 2 palas, 3 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 8 avións. 

Neste lume mobilizáronse efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) que durante esta noite de venres ao sábado realizaron labores de vixilancia e liquidación de puntos quentes.

Os efectivos da UME chegaron en helicópteros Chinook á Base General Morillo da Brilat. A presenza destas aeronaves chamou á atención da cidadanía.