Técnicos de turismo do Concello de Cuntis descubriron este xoves 22 de xuño unha serie de posibles danos nos petróglifos de Cequeril.
En concreto, o persoal municipal documentou durante unha visita á zona que os gravados afectados son os que compoñen o coñecido como Outeiro dos Campiños.
Desde a concellería de Cultura e a alcaldía requiriuse a presenza da Policía Local para que levantase un informe e presentar así a pertinente denuncia, confirmando os diferentes danos ao utilizarse cepillo de arame para raspar as inscricións do petróglifo.
Para o Concello esta acción trátase de "un atentado contra o noso patrimonio", polo que asegura que se tomarán as medidas oportunas para tentar localizar os responsables.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.