O grupo municipal do BNG demandou ao Concello de Cerdedo-Cotobade a limpeza urxente dos accesos ao conxunto dos gravados rupestres do Lombo da Costa, na parroquia de San Xurxo de Sacos.
Os representantes locais do BNG, Anxo Santomé e Joam Romero, comprobaron a falla de limpeza de matorral que existe no...
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do equipo de goberno presentaron "Laeros", unha iniciativa divulgadora do municipio como capital galega da arte rupestre na que se aunará un evento gastronómico, música, obradoiros e visitas teatralizadas polos petróglifos máis senlleiros.
"Laeros" é un festival da arte rupestre que...
O director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, reclamou este xoves publicamente a inclusión dos petróglifos máis salientables da arte rupestre galega na Lista indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco.
Segundo argumentou, esta inclusión axudaría a coidar e pór en valor o patrimonio prehistórico do país, e citou coma exemplo...
O Museo de Pontevedra abrirá o vindeiro xoves 14 a exposición 'Arte prehistórica. Da rocha ao museo', unha homenaxe á arte rupestre da man do Museo Arqueolóxico Nacional (MAN).
A mostra conmemora o centenario da exposición 'Arte prehistórica española de 1921', un fito fundamental para o coñecemento e a difusión da...
O Concello de Marín impulsa un proxecto de posta en valor do conxunto arqueolóxico dos petróglifos de Mogor, co que dotalo de equipamento museográfico, realizar un levantamento fotogramétrico e por láser escáner das rochas gravadas e para mellorar toda a iluminación da área arqueolóxica.
A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, explicou...
O orzamento municipal de Cuntis para o ano 2022, aprobado a principios do mes de marzo, prevé unha partida de 6.000 euros para conservación e mantemento do patrimonio etnográfico.
Esta dotación permite afrontar sen axuda doutras administracións tarefas periódicas de roza e limpeza na contorna de áreas como as Cardecide, A...
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, mantivo este mércores un encontro co equipo de dirección da Escola de Enxeñería Forestal para abordar a situación do sector forestal, do monte e de como resolver un dos principais problemas ambientais como son...
A conservación e limpeza dos elementos patrimoniais de Cuntis son os principais activos do Plan Municipal de Turismo elaborado polo goberno municipal. Con el pretende animar á veciñanza e aos visitantes a descubrir e gozar destes entornos.
As tarefas de acondicionamento comezaron hai uns días na área arqueolóxica de Cardecide, polo que...
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar o proceso de limpeza e conservación de varias estacións rupestres do municipio co fin de que estean en perfectas condicións para poder ser visitadas durante as vacacións do Nadal. Ademais lembra que están habilitadas 11 roteiros saudables que servirán de atractivo turístico e...
A Axencia Turismo de Galicia impulsou o acondicionamento e posta en valor de dúas estacións rupestres de petróglifos de alto valor patrimonial no municipio de Campo Lameiro coas axudas da orde de infraestruturas turísticas no medio rural.
A actuación realizada en Campo Lameiro xurde dun convenio de colaboración entre Turismo de...
O Museo de Pontevedra vai celebrar o Día Europeo da Arte Rupestre cunha programación organizada para poñer de relevo a importancia cultural, artística e turística da arte prehistórica de toda a xeografía europea e que conta con numerosos exemplos no caso galego.
A Cova de Eirós e o Castro de Formigueiros,...
Ao longo desta semana de agosto realízanse rozas na área Arqueolóxica de Tourón. En 2020, segundo indica o Concello de Ponte Caldelas, estes traballos por parte do Concello non se puideron executar, segundo o goberno local, debido ás esixencias establecidas por Patrimonio da Xunta de Galicia, que non se requiriron...
A empresa Emdesfor 2002, a adxudicataria dos traballos de limpeza e acondicionamento da contorna dos petróglifos de Fentáns situados nas parroquias de San Xurxo e Santa María de Sacos, comezou as tarefas de conservación.
Os traballos, que están supervisados por arqueólogos especializados en arte rupestre, contan cun orzamento total de 24.285,18...
A mesa de contratación do Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de adxudicar a limpeza e acondicionamento da contorna dos petróglifos de Fentáns por un importe de 24.285,18 euros.
A empresa escollida para realizar estas tarefas é Emdesfor 2002, ao resultar a oferta máis vantaxosa e non incursa en presunción de temeridade das...
Castrolandín puido ser ata tres veces máis extenso do que ata o de agora se pensaba. Esta é a principal conclusión que se desprende dos traballos que a Deputación e o Instituto de Ciencias de Patrimonio (Incipit) levan desenvolvendo ao longo deste ano no xacemento.
A presidenta Carmela Silva, xunto ao...
O centro social de Saiar acollerá este venres ás 20.30 horas unha charla da arqueóloga Elena Cabrejas na que se falará sobre os primeiros resultados das investigacións e descubertas levadas a cabo no petróglifo da Laxe dos Bolos, no marco dos traballos de investigación impulsados polo Concello de Caldas de...
A posta en valor do petróglifo da Laxe dos Bolos, en Caldas de Reis, pasa polos traballos de investigación que está a realizar o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).
Trátase dunha actuación que comezaron a deseñar en decembro de 2020 e que...
A vicevoceira do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Paloma Castro visitou este venres o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro xunto ao voceiro socialista no municipio, Adrián Vidal e amosou "a nosa preocupación pola situación de deterioro na que se atopa este parque".
A responsable socialista sinalou especialmente...
Membros da asociación UmiaVivo localizaron un novo achado arqueolóxico no Monte Xiabre. Trátase dun petróglifo descoñecido ata o momento que está en terreos da parroquia de Bemil, en Caldas de Reis.
Destacan que é un exemplar singular e orixinal pola súa tipoloxía e pola variedade de gravados que presenta, entre eles...
O vindeiro martes 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos e, con motivo desta conmemoración, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro ( PAAR) inaugurará a mostra 'Espirais no Tempo' realizada por alumnado de técnicas escultóricas das E.A.S.D. Mestre Mateo.
Estes traballos inspíranse nos petróglifos e foron...
Un veciño alertaba ao grupo municipal PorVir do Concello de Campo Lameiro sobre o estado de abandono no que se atopa a recreación do poboado da Idade do Bronce, situado no recinto do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre (PAAR) do municipio.
Desde esta agrupación política presentaron unha denuncia ante o propio...
O Concello de Campo Lameiro acaba de rematar unha actuación para a posta en valor das estacións rupestres de 'Chan da Lagoa', 'Laxe da Rotea de Mendo', 'Campo de Matabois' e 'Pedra da Serpe'.
Esta acción acabábase de executar cando tivo lugar o recente atentado contra os petróglifos da 'Laxe da...
Técnicos de Patrimonio da Xunta avaliaron este martes o alcance dos danos ocasionados por un atentado contra o patrimonio arqueolóxicos sufrido por dous gravados rupestres da "Laxe da Rotea de Mendo" ocorrido hai uns días na parroquia de San Miguel de Campo, no municipio de Campo Lameiro.
Esta primeira intervención serviu para...
O colectivo Capitán Gosende visitou o monte de Serrapio, na parroquia de Pedre, en Cerdedo-Cotobade, para constatar o achado dun novo petróglifo comunicado por un veciño da parroquia de Castro, Xurxo Outeiro, mentres realizaba sendeirismo polo monte.
Unha vez confirmado o achado nomeárono como petróglifo de Daquelcabo, que é o nome...
A concelleira de Turismo de Marín, Cristina Acuña, informa de que o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor estará aberto entre o 27 de marzo e o 4 de abril, coincidindo coa Semana Santa. Ao remate deste período, pechará as súas portas ata a súa reapertura na tempada de...
Dous dos petróglifos da estación rupestre coñecida como Laxe da Rotea de Mendo, situada en Campo Lameiro, sufriron unha acción vandálica que xa investigan as autoridades.
Varios descoñecidos raiaron cunha pedra parte destas emblemáticas representacións arqueolóxicas, segundo denunciou o Concello de Campo Lameiro ante a Garda Civil e o departamento de...
O colectivo Capitán Gosende vén de descubrir un novo gravado rupestre que non estaba documentado en Cerdedo-Cotobade. Foi, concretamente, no núcleo de Cavadosa.
O achado foi durante os labores que estaban a realizar para estudar o deficiente estado de conservación da ponte medieval do lugar.
O petróglifo componse dun agrupamento de cinco...
Hai uns tres anos uns traballos de mantemento no monte da Tomba, no límite entre Campañó e Poio, descubriron a existencia dun conxunto de petróglifos. Agora, todo este patrimonio converterase nun dos grandes atractivos do novo parque forestal.
Dentro das súas 62 hectáreas estes petróglifos serán todo un "valor engadido", segundo...
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo este venres unha reunión por videoconferencia co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para abordar o proxecto senlleiro "Mellora do parque etnográfico", que se levará a cabo neste concello cunha subvención de 24.780 euros por parte da Consellería do...
Veciños da contorna do parque Monte da Tomba, na parroquia pontevedresa de Campañó, denuncian os danos que están a sufrir os petróglifos deste espazo natural.
Alertan os usuarios destas sendas que os xacementos se están vendo afectados polo paso habitual de motos de montaña sobre as rochas. Por iso, solicitan ao...
O Concello de Vilaboa comenzará nos vindeiros días os traballos de acondicionamento do Roteiro das Mámoas, unha actuación á que se destinarán un total de 7.850 euros e que ten como obxectivo a sinalización e posta en valor destes elementos patrimoniais.
Trátase dunha actuación pensada para a conservación e revalorización destes...
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, e o presidente da comunidade de montes de Santomé de Piñeiro, Daniel Rosales, visitaron este martes o Parque de Lagocheiras, un espazo que nace da colaboración entre o Concello de Marín e esta comunidade de montes, xunto coa Deputación de Pontevedra.
Co obxectivo de...
Nova publicación realizada pola empresa Polo Correo do Vento e Ab Origine para estas festas do Nadal: 'A Moura que creou o mundo. O mito galego da creación'.
Trátase dun conto ilustrado por Carlos Taboada e escrito por Rafael Quintía que xa se atopa á venda nas librerías. A historia céntrase...
A portavoz municipal do BNG en Marín Lucía Santos solicitou ao goberno da alcaldesa María Ramallo que realice as actuacións previstas para recupera a mámoa de Chan da Armada, que se atopa na parroquia de Santomé ao entender que o seu estado actual é lamentable.
A mámoa, que se pode visitar...
As cinco rutas de sendeirismo que están habilitadas en Marín foron agrupadas nunha campaña de promoción turística bautizada como Marín A Pé. A través delas, o goberno municipal anima a toda a veciñanza a "descubrir espazos do noso propio lugar" e gozar do tempo libre.
A edil de Turismo, Cristina Acuña,...
O Concello e a Comunidade de Montes de Vilaboa porán en marcha dun roteiro que dará a coñecer as mámoas coas que conta o municipio.
Esta será a primeira acción que poñan en marcha de forma conxunta tras a sinatura dun convenio de colaboración que asinaron este mércores ao abeiro da...
O Museo de Pontevedra engade unha nova quenda aos talleres TransformArte para celebrar o Día Europeo da arte Rupestre. Dada a boa acollida que tivo a primeira quenda, no que as prazas iniciais quedaron esgotadas rapidamente, a nova sesión levará a cabo o sábado 10 de outubro, de 17.30 a...
Visitar Campo Lameiro é descubrir a capital da Arte Rupestre Galega. Este pequeno territorio de 64 km cadrados, situado no interior da Mancomunidade de Terras de Pontevedra, dispón dunha das concentracións máis importantes en calidade e cantidade de gravados rupestres non só da Península Ibérica, senón tamén de Europa.
Neste concello está...
As visitas guiadas para coñecer o patrimonio arqueolóxico do Concello de Cuntis remataron este venres 13 coincidindo co plenilunio. O percorrido realizouse ata o conxunto arqueolóxico da Ran.
Os participantes recibiron unha charla explicativa sobre os principais fundamentos da arte rupestre no norte da Península Ibérica.
Grazas á luminosa lúa e coa...
O colectivo en defensa do Patrimonio A Forneiriña presentou ante a Garda Civil de Cuntis esta semana unha denuncia polo estado en que se atopan as nove estaciones rupestres que se poden visitar na área arqueolóxica do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR).
Segundo denuncian, as laxes con...
O director do Museo de Pontevedra, Jose Manuel Rey, participará a partir deste luns 15 de xullo nunha misión internacional de expertos sobre arte rupestre en Georgia
A actividade, que se prolongará ata o sábado 21, centrarase en expoñer diferentes modelos de xestión e posta en valor de sitios de arte rupestre.
Rey...
A Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres alerta de que a dilatación na tramitación nas autorizacións do departamento de Patrimonio da Consellería de Cultura pon en perigo a execución dos dous proxectos de parques forestais aprobados pola Deputación de Pontevedra a realizar no monte veciñal desta parroquia do...
Para garantir a protección do patrimonio arqueolóxico de Marín e buscar unha fórmula que poña en valor algúns dos xacementos máis destacados no municipio está previsto que se desenvolva un Plan Arqueolóxico.
Ata o dagora, o traballo estableceuse nos xacementos que se atopan en terreos privados de carácter comunal. Trátase dun...
Os datos de afluencia ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro volven crecer durante o primeiro semestre do ano, encadeando un aumento sólido e sostido e alcanzando un total de 7.609 usuarios no acumulado de xaneiro a xuño.
De todas as cifras, sobresae o número de escolares con...
A área arqueolóxica de Tourón cambiou moito o seu aspecto gracias aos investimentos que está a realizar o Concello de Ponte Caldelas. Despois da limpeza realizada en maio do ano pasado, cando se eliminou a toxeira duns 3 metros de altura que cubría a totalidade das 15 Hectáreas do xacemento,...
O Concello de Barro e as comunidades de montes de A Portela e Perdecanai acordaron actuar conxuntamente para poñer en valor os petróglifos que se encontran nos montes desas dúas parroquias.
Nunha reunión mantida polo alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e as xuntas reitoras das comunidades de montes, déuselle o visto...
A Concellaría de Educación porá en marcha o vindeiro 1 de marzo "Arte rupestre na escola", un ciclo de conferencias e visitas guiadas para formar aos alumnos de primaria no coñecemento e valorización da arte rupestre galega.
O ciclo impartirase a preto de 400 alumnos de oito centros de ensino durante...
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro pechou o ano 2017 cunha gran noticia, a consolidación do crecemento no seu número de visitantes.
En relación co ano anterior produciuse un incremento de 6,5% chegando á cifra de 14.773 usuarios, observándose unha desestacionalización das visitas ao longo do ano.
O público...
Un alumno do grao de Comunicación Audiovisual da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo e outro de primeiro curso de bacharelato do IES A Xunqueira lograron o, a priori, complicado reto de resumir os atractivos turísticos dos municipios que integran a mancomunidade Terras de Pontevedra nun post para...
Xogar, aprender e gozar dun recurso turístico de primeira orde. É o que ofrece a nova APP impulsada pola mancomunidade Terras de Pontevedra. Estará centrada en divulgar a arte rupestre que se pode atopar nos concellos da comarca.
É una ferramenta coa que será posible coñecer, tanto dende a casa como...
O investigador Rehman Abdullayev, responsable da reserva histórico-artística nacional de Gobustán, en Acerbaixán, visitou este venres o centro de interpretación dos petróglifos de Mogor para comprobar o estado de musealización destes restos arqueolóxicos.
Estivo acompañado pola concelleira de Cultura de Marín, María José De Pazo, e polo director do Parque Arqueolóxico...
A Asociación Monte Pituco e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza unhas xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián que comezarán este venres día 24 cunha barferencia ás 19:30 horas, isto é unha conferencia nun bar, neste caso na Adega A Capeleira de...
A área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, acolleu a primeira visita dun grupo escolar tras os lumes do pasado día 15 de outubro, que afectaron á súa contorna e causaron algúns danos no valado e sinalización.
Os primeiros en visitar o espazo onde se atopan algúns dos petróglifos máis valiosos...
O Concello de Cuntis, a través da área de Cultura e Patrimonio, cuxo máximo responsable é Enrique Portela, acaba de recibir unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra para a realización dun plan integral de limpeza superficial, rexistro dixital e conservación de rochas con arte rupestre.
A subvención, que ascende...
O parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro pechou a oferta formativa do ano 2017 coa celebración dunha xornada profesional de turismo arqueolóxico que contou coa presenza de profesionais e estudantes de diversos campos chegados de toda Galicia: arqueólogos, técnicos de turismo e patrimonio, guías turísticos, empresarios de turismo,...
Sete anos despois da súa inauguración, as rúas do polígono industrial da Reigosa seguen sen nome. Pero non será por moito tempo. O Concello de Ponte Caldelas tomou a decisión de bautizar todo o rueiro cos nomes das distintas estacións de petróglifos espalladas polo municipio, converténdoo así nun catálogo da...
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural promove a realización de diferentes traballos de mantemento preventivo nun dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia, a área arqueolóxica de Tourón, no concello de Ponte Caldelas.
Con esta actuación búscase mellorar o estado de conservación e o funcionamento operativo...
O informe de resultados da xestión do centro de información dos petróglifos de Mogor sinala que a afluencia de visitantes neste verán cun total de 1.993 persoas cabe considerala de "moi boa", incrementándose con relación ao verán de 2016.
Este incremento débese fundamentalmente ao mes de agosto, no que se rexistrou...
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro acolle o 7 de outubro a primeira "Xornada profesional de Turismo Arqueolóxico" financiada pola Mancomunidade de Terras de Pontevedra.
O curso contará con algúns dos máximos expertos en turismo arqueolóxico a nivel mundial como Jordi Juan Treserras (director de Ibertur e do...
A estación arqueolóxica do Campo de Cuñas, que acolle a Pedra do Cervo, un dos petróglifos máis singulares de Galicia, quedou acondicionada estes días polo Concello de Ponte Caldelas cunha limpeza intensiva que deixou todo o espazo en perfecto estado de revista.
A limpeza súmase á efectuada este verán na área...
O Concello de Cerdedo-Cotobade xa ten en marcha o proxecto de rehabilitación integral dos petróglifos do Lérez, situados en San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos e Fentáns, e vén de cursar a correspondente solicitude ante o Ministerio de Fomento para acadar o financiamento necesario para estas tarefas no...
Neønymus é coñecido como o "Chamán do son", grazas á definición do popular Iker Jiménez. Este artista asistirá na tarde deste sábado 29 de xullo ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) para ofrecer un taller de música prehistórica para escolares baixo o título 'Historia inventada da...
A mancomunidade Terras de Pontevedra fixou as liñas de traballo para este ano. Co obxectivo de seguir a promocionar este destino turístico, renovaron o convenio coa Xunta, por valor de 104.915 euros, cos que se pretende consolidar a súa imaxe de marca coa promoción e comercialización dos seus produtos turísticos.
Unha...
A visitas ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro non paran de crecer e van camiño en 2017 de bater o seu mellor rexistro.
Durante os seis primeiros meses de ano foron máis de 8.000 as persoas que visitaron as súas instalacións, xa sexa en pequenos grupos e familias,...
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) preparou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais. A idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da arte rupestre e a Prehistoria.
O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas nocturnas...
Técnicos de turismo do Concello de Cuntis descubriron este xoves 22 de xuño unha serie de posibles danos nos petróglifos de Cequeril.
En concreto, o persoal municipal documentou durante unha visita á zona que os gravados afectados son os que compoñen o coñecido como Outeiro dos Campiños.
Desde a concellería de Cultura...
A área arqueolóxica de Tourón ven de ser acondicionada polo Concello de Ponte Caldelas. A piques de rematar a corta integral dos matos e toxos que invadían as máis de 15 hectáreas de superficie de espazo arqueolóxico, os resultados desta extensa actuación xa son ben visibles.
O goberno coaligado, formado por...
54 estudantes do colexio Xunqueira 2 de Pontevedra visitaban a área arqueolóxica de Ponte Caldelas, unha das contornas con algunhas das mellores insculturas pétreas conservadas.
Os escolares de segundo curso de Primaria, acompañados de catro profesores, puideron apreciar os petróglifos e o centro de interpretación. Esta visita súmase ás máis de...
O Concello de Ponte Caldelas segue a apostar por manter a área arqueolóxica de Tourón nas mellores condicións, ao entender que é unha das principais ofertas turísticas da vila. Así, nos próximos días, todo este ámbito estreará un novo valado para o seu perímetro.
A obra, cun orzamento total de 4.644...
A Deputación está a piques de rematar os traballos de conservación dos máis de 500 metros escavados no Castro Alobre. Despois desta fase, corresponderalle ao Ministerio de Fomento iniciar o proxecto de musealización, para o que a presidenta da Deputación, Carmela Silva indicou que "estamos pendentes de que se aproben...
As pintadas que apareceron na mañá do luns 10 de abril nos petróglifos de Mogor, en Marín, xa son historia. O Concello informou de que se realizaron tarefas de limpeza que permitiron devolver as rocas ao seu estado orixinal.
Segundo informou a alcaldesa, María Ramallo, as pintadas limpáronse seguindo as indicacións...
O Concello de Marín denunciou a realización de "actos vandálicos" nos petróglifos de Mogor. Na mañá deste luns foron descubertas estas marcas.
Por parte do centro de interpretación deuse traslado á Policia Local para que elaborase a denuncia correspondente, "tendo en conta que é un acto que provoca dano nun patrimonio que...
Os recursos naturais do municipio e a súa gastronomía son os dous eixos sobre os que xira a campaña de promoción turística que o Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha nas redes sociais de cara a esta Semana Santa. O obxectivo é atraer os turistas que busquen un destino...
Veciños de Marín atoparon tres novas estacións de arte rupestre no lugar da Carrasca, no monte comunal de San Xulián. Un dos elementos atopados destacan pola súa forma cuadrangular e reticular.
Trátase da primeira vez que aparece un petróglifo deste tipo de características neste municipio. E trátase dun dos escasos elementos...
Ponte Caldelas solicitará á Xunta de Galicia que inicie os trámites diante da UNESCO para que a arte rupestre galega sexa declarada como Patrimonio da Humanidade. Así o aprobou por unanimidade a corporación municipal.
A moción, presentada polo goberno local, reitera tamén outra xa aprobada a finais do ano pasado pola...
O pleno do Concello de Ponte Caldelas estudará este próximo xoves, día 30, unha moción presentada polo grupo de goberno, formado polo PSdeG-PSOE, AVP e BNG, para solicitar da Xunta de Galicia o inicio dos trámites para declarar como Patrimonio da Humanidade os gravados rupestres de Tourón.
O acordo, que sairá...
A formación será unha materia transversal nas actividades do parque arqueolóxico de Campo Lameiro durante 2017. Catro cursos formativos celebraranse nas súas instalacións, que contarán con 140 prazas para público profesional e afeccionado á arte rupestre.
O primeiro deles será o 8 de abril. Trátase de Narrativas da arte rupestre galega,...
Un grupo de 68 alumnos e catro profesores do Instituto de Ensino Secundario de Ponte Caldelas visitou este mércores a área arqueolóxica de Tourón para achegarse a un dos principais fitos da arte rupestre na península ibérica.
O instituto está a desenvolver un proxecto pedagóxico ao redor dos petróglifos de Ponte Caldelas...
Como profesor na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia fun convidado a tomar a palabra no pleno municipal de Marín, onte, día 8 de Febreiro de 2017. O asunto era unha moción urxente sobre a protección e conservación do patrimonio arqueolóxico de Marín. Pese á...
O número de usuarios que visitaron o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) durante o ano 2016 foi de 13.770, case un 21% máis con respecto ao ano 2015.
O público aumentou en todas as tipoloxías: grupos, escolares e individuais. No segmento de escolares cabe destacar que máis...
Xa son catro as entidades que nas últimas semanas amosaron a súa preocupación polas agresións ao patrimonio catalogado existente no monte veciñal da parroquia de San Xulián.
A Xunta de Galicia, o Concello de Marín e o Seprona recibiron distintos escritos asinados pola Irmandade Illa de Tambo, a asociación cultural A...
A Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro vai a presentar no Concello de Poio unha proposta para recuperar e poñer en valor o Castro da Sividá.
Poio conta cun único complexo castrexo galaico-romano, catalogado como tal pola Xunta de Galicia no 1980 e recollido no vixente PXOM, o Castro da Sividá,...
Os traballos arqueolóxicos que o Concello desenvolve nos terreos escollidos para situar o campo de fútbol de Salcedo, no lugar de Cabanas, acaban de descubrir un novo petróglifo na zona. É unha combinación de círculos concéntricos (son tres círculos cunha pequena coviña) e a poucos metros unha coviña aillada.
Xa se...
O Concello de Cuntis quere poñer en valor o numeroso patrimonio rupestre que hai no seu municipio. E por iso, un dos primeiros pasos será sinalizar todos estes lugares.
Así, o proxecto que foi presentado polo goberno municipal á Deputación de Pontevedra permitiulle optar unha subvención de 2.250 euros. Eses cartos...
Con motivo da celebración da I Xornada de Antropoloxía, organizada pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebráronse diferentes presentacións a pasada semana, nas que participaron expertos no mundo entre a que se atopaba a afamada especialista no "Chamamismo siberiano", Carmen Arnau interesada en visitar a zona Arqueolóxica de Tourón.
O domingo como...
Na asemblea da Comunidade de Montes de Salcedo celebrada este sábado coa participación de 145 comuneiros dun censo de 198, aprobouse elaborar o proxecto do Parque Etnográfico Arqueolígico de San Martiño de Salcedo.
A Xunta Reitora propuxo á asemblea a conveniencia de contemplar máis variedades de uso do monte. Trataríase de...
A arte rupestre galega forma, sen dúbida, un dos conxuntos de petróglifos prehistóricos ao aire libre máis importantes de Europa. Pero parte destes gravados corren un grave risco, non só de deterioración senón de desaparición, segundo os expertos, ante a ausencia de coidados en materia de limpeza e mantemento que...
O xerente do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR), César Abella Vázquez da empresa TRIVIUM, foi convidado pola Université Paris-Sorbonne a presentar un relatorio no Congreso sobre a Gobernanza Turística dos Itinerarios Culturais, Cooperación, Creatividade e Innovación. Unha actividade enmarcada dentro do proxecto HECTOR, financiado pola Comisión...
Tourón (Ponte Caldelas), Chan dos Areeiros (Vilaboa), Mogor (Marín), Salcedo (Pontevedra), A Caeira (Poio), Fentáns (Cotobade) e o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro compoñen a ruta de petógriflos que pretende promocionar a mancomunidade Terras de Pontevedra.
A través dun personaxe animado, chamado Petra, a mancomunidade creou unha guía...
O éxito acadado na edición de Noitepedras 2016 levou aos responsables do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro a continuar no mes de setembro cunha novidade importante pola temática escollida nesta ocasión, centrada na explicación da relación dos petróglifos coa paisaxe celeste da súa época, a Idade do Bronce.
O encargado desta...
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) continúa coas actividades postas en marcha coa idea de achegar o mundo dos petróglifos ao público xeral dun xeito ameno e divertido e este sábado 20 de agosto realizará unha exhibición de metalurxia prehistórica.
Trátase, segundo explican desde o Parque, dunha demostración das...
A área arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas, estreou nos últimos días novos paneis de sinalización que permiten contemplar as súas cinco estacións de petroglifos cunha reprodución exacta do seu deseño e achegan todos os datos necesarios para a súa correcta comprensión e interpretación.
Segundo informou o Concello a través dun...
O equipo de goberno de Ponte Caldelas alertou do deterioro que vén de detectarse na rocha da Laxe das Cruces número 5, é dicir, a peza que contén un petróglifo cun gran cervo que é un dos elementos máis chamativos do conxunto. Os técnicos municipais alertaron de que as augas...
No entorno do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro acaban de ser localizados dous novos petróglifos, un de combinacións circulares e diferentes coviñas, "típico da arte rupestre galaica", pero outro "completamente inusual na arte rupestre".
O achado fixérono especialistas dun equipo conformado por persoal investigador do Grupo de Estudio para la Prehistoria del Noroeste...
Ao redor de medio centenar de persoas participaron nunha camiñada pola contorna do Monte Pornedo, tamén coñecido como Monte Pituco, organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, con apoio da asociación Monte Pituco.
Estas dúas entidades reivindican con esta actividade a posta en valor dos conxuntos rupestres de Carrasca...
O proxecto de Telearqueoloxía que impulsa a Deputación Provincial chegou este xoves a Ponte Caldelas a través dun obradoiro de gravación de curtametraxes sobre o estudo do patrimonio arqueolóxico do municipio. Un grupo de rapaces participou na actividade usando o seu teléfono móbil para realizar contidos audiovisuais cos que achegarse á riqueza...
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro está a executar estes días obras de mellora nas súas instalacións, financiadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
En total destínanse a estes traballos 185.000 euros, coa intención de manter en bo estado uno dos conxuntos arqueolóxicos ao aire libre...
A Deputación comezará o próximo 10 de xullo o programa 'Depo Andainas', que supón unha revisión de 'Sendeiros Rías Baixas'. Con este proxecto realizarase unha camiñada pola ruta dos petróglifos de Campo Lameiro ese domingo 10. En setembro levará a cabo un percorrido por Cíes e o carreiro azul de...
O Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) deseñou para este verán un amplo e diverso programa de actividades culturais, gastronómicas, escénicas e musicais. A idea consiste en ofrecer aos visitantes diferentes experiencias arredor da arte rupestre.
O punto de partida será outra vez o singular formato de visitas...
Este xoves día 16 de xuño o Centro de Interpretacion dos Petróglifos de Mogor abrirá de maneira continuada durante os meses de verán, en horario de 11:30 a 13:30 horas polas mañás e de 18:00 a 21:00 horas polas tardes.
Nese horario ofertaranse dúas visitas guiadas, unha pola mañá ás 12:30...