Descobren no Pontillón do Castro unha nova flor que levará o nome de Pontevedra

Pontevedra
19 de marzo 2015

En concreto, trátase dunha nova variedade de carqueixa boieira (Halimium lasianthum subsp. alyssoides) que se atopa nas marxes do encoro de Pontillón do Castro, na parroquia de Verducido

Diferenzas entre a flor descuberta en Pontevedra (á dereita) e a coñecida ata agora
Diferenzas entre a flor descuberta en Pontevedra (á dereita) e a coñecida ata agora / Jaime Blanco Dios

Una nova variedade botánica levará o nome de Pontevedra polo mundo adiante. O enxeñeiro forestal Jaime Blanco Dios, premio Cidade de Pontevedra o pasado mes de xaneiro, comunicou ao Concello o descubrimento no municipio dunha nova planta.

En concreto, trátase dunha nova variedade de carqueixa boieira (Halimium lasianthum subsp. alyssoides) que se atopa nas marxes do encoro de Pontillón do Castro, na parroquia de Verducido.

Segundo as propias explicacións do seu descubridor, trátase dun mato moi frecuente en Galicia. Normalmente presenta flores amarelas, pero a característica que a diferenza é que no caso pontevedrés ten unha banda vermella que rodea os pétalos da flor.

Este descubrimento xa foi rexistrado co nome de ⿿variedade pontevedrensis⿿ da carqueixa boieira.