Cinco grupos, principalmente de asociacións de nais e pais da vila, participaron no desfile infantil do Enterriño da Sardiña, un dos principais eventos do Entroido de Bueu.
Así, o evento estivo protagonizado pola ANPA A Pedra, a ANPA Alborada do Virxe Milagrosa, a ANPA Torre Cela, a ANPA Cabo Udra de Beluso e a Escola Infantil Tranvía.
O desfile arrancou dende a rúa Montero Ríos e percorreu as rúas Francisco Escáneo, Pazos Fontenla e Johan Carballeira antes de rematar na carpa de As Lagoas.
Alí tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes e a desfeita da sardiña, que este ano foi elaborada novamente con globos por parte de Barafunda.
Carmen García, concelleira de cultura, agradeceu a todos os grupos, pais nais e familias a súa implicación para manter viva a ilusión dos máis pequenos e pequenas neste día.


O seguinte desfile será o do Paxaro de Mal Agoiro, que se celebrará este domingo.
Tras a súa saída, tamén ás cinco da tarde desde a rúa Montero Ríos, a comitiva percorrerá as rúas do centro ata a queima final do paxaro na praia da Banda do Río.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.