Entroido 2026

Enterro do Galo Fodorico en Poio

Poio queima ao Galo Fodorico e pon o broche de ouro ao seu Entroido

22/03/2026
Poio

Tras ter que aprazalo pola choiva, Poio puxo fin ao seu Entroido. Fíxoo, como é habitual, co seu animado Enterro do Galo Fodorico. Decenas de persoas participaron no cortexo fúnebre este querido personaxe, que foi incinerado na Praza do Mosteiro. Alí, foi pasto das chamas entre as bágoas e a retranca dos asistentes. O...

PontevedraViva
Enterro do Galo Fodorico en Poio

Poio despide o seu Entroido co enterro do Galo Fodorico e a Festa Choqueira

18/03/2026
Poio

Poio porá este sábado, 21 de marzo, o broche de ouro ao seu Entroido co enterro do Galo Fodorico e a Festa Choqueira. Será a partir das 21:00 horas na Praza do Mosteiro. O evento contará coa participación das comparsas Os Canecos, Grupo de Entroido Samieira, Os 100Tolos, As Sonecas, Moreira a Tope...

PontevedraViva
Presentación do desfile de San Xulián

O Entroido marinense di adeus co desfile de San Xulián

05/03/2026
Marín

A programación do Entroido marinense culmina este domingo 8 de marzo co desfile da parroquia de San Xulián. Os participantes están convocados ás 16:00 para arrincar ás 17:00 horas desde a estrada xeral EP-0019, á altura da churrasquería Xan Xián, con final no adro das festas. A animación musical correrá a cargo...

PontevedraViva
Desfile de Entroido en Portas 2026

Multitudinario desfile de Entroido en Portas con moita cor e humor

02/03/2026
Umia

Portas non defraudou. Malia que o calendario festivo facía coincidir o seu desfile con citas de gran renome como as de Marín ou A Estrada, o municipio volveu demostrar este domingo que o seu Entroido ten identidade propia e gran capacidade de convocatoria fóra de toda dúbida. Centos de persoas inundaron as...

Anxo Lourido
Desfile de Entroido de Campelo

A Praza da Granxa vibra coa entrega de premios do desfile máis colorido do ano

01/03/2026
Poio

O Desfile do Entroido en Campelo reuniu este domingo a unhas 2.000 persoas, sedundo os datos facilitados polo Concello de Poio. Os participantes achegáronse desde distintos recunchos para participar dun desfile que, máis que un simple percorrido, foi unha explosión de creatividade, diversión e animación. Máis de vinte grupos, dez comparsas e numerosos participantes...

Oskar Viéitez
Enterro da sardiña

O Enterro da Sardiña faise esperar, pero non falla á súa cita en Portonovo

01/03/2026
Sanxenxo

Nin a choiva puido acabar coa sardiña. Aínda que o chuvieiro obrigou a suspender o tradicional Enterro da Sardiña o pasado mércores de Cinza, Portonovo non estaba disposto a renunciar a un dos actos máis simbólicos do seu entroido. Dez días despois da data prevista, e tras a multitudinaria "Festa do Jato"...

Oskar Viéitez
Pasarela de Comparsas de Poio

A Seca transfórmase nun sambódromo galego

28/02/2026
Poio

Case 900 persoas, repartidas en doce comparsas de toda a provincia participaron na Pasarela de Comparsas do Entroido de Poio este venres á noite. A Seca converteuse por unhas horas nun auténtico sambódromo galego, no que cada agrupación exhibiu as súas creacións, coreografías e temas musicais ante un público entregado. O desfile arrancou desde...

Oskar Viéitez
Desfile de Entroido en Campo Lameiro

"Nin Tenerife nin Río de Janeiro… o mellor entroido está en Campo Lameiro"

26/02/2026
O Campo Lameiro

O Concello de Campo Lameiro ultima os preparativos para converter a vila nun auténtico fervedoiro de cor e fantasía este sábado 28 de febreiro. Ao redor de 2.000 persoas disfrazadas darán vida ao tradicional desfile de Entroido, que arrincará ás 17.00 horas e promete encher as rúas de música, humor e...

Oskar Viéitez
Desfile de Entroido 2025 de Poio

Desfiles e comparsas esta fin de semana para iniciar o Entroido en Poio

25/02/2026
Poio

Esta última fin de semana de febreiro, Poio vivirá un Entroido marcado polo bo tempo, despois de que a súa celebración tivera que ser cancelada na súa data orixinal. A festividade comezará o venres 27 de febreiro, coa terceira edición da Pasarela de Comparsas na Seca, na que participarán trece agrupacións de toda a provincia,...

Cristina Martínez Penas
Desfile do Entroido en Salcedo

Salcedo prepara o Festival de Murgas e o desfile de comparsas

25/02/2026
Pontevedra

A Sociedade Cultural Deportiva Salcedo organiza unha das festas máis destacadas, a XII edición do Entroido de Salcedo nas inmediacións do centro social de Salcedo, Casa Verde. A celebración comezará o sábado 7 de marzo ás 18.00 horas co Festival de Murgas. Repetiranse varias participacións de murgas do ano 2025, como Equipo Ja, vencedores...

Luz Estrella Rosario Sánchez
Desfile de comparsas de Soutomaior

Un "exitoso" desfile de comparsas pon o broche de ouro ao Entruido de Soutomaior

23/02/2026
Soutomaior

O desfile de comparsas de Soutomaior puxo o broche de ouro a un "exitoso" Entruido cheo de cor, alegría, diversión e, sobre todo, moita festa. Os pasacalles arrancou desde a rúa Calvario cun primeiro tramo silencioso para que todas as persoas puidesen gozar en igualdade de condicións desta cita tan esperada. Fantasía, circo, costura,...

PontevedraViva
Enterro do Paxaro de Mal Agoiro en Bueu

O Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, broche de ouro para o Entroido de Bueu

23/02/2026
Bueu

No medio dunha tarde agradable de sol, Bueu puxo fin ao seu Entroido. Foi co desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, no que participaron centos de persoas. A comitiva saíu da rúa Montero Ríos e pasou polas rúas Francisco Escáneo, Pazos Fontenla e Castelao antes de chegar á praia...

PontevedraViva
Desfile de Entroido 2026 en A Lama

Un multitudinario desfile de Entroido enche de fantasía as rúas da Lama

23/02/2026
A Lama

Máis dun milleiro de persoas participaron no desfile de Entroido da Lama, que se converteu nun evento multitudinario cheo de cor, brillo e fantasia. As principais rúas do municipio convertéronse nun improvisado 'sambódromo' polo que pasearon os participantes, entre eles os membros de dez comparsas. Foron Os Amigos dos Rapaces y Os...

PontevedraViva
Desfile de Entroido 2026 en Sanxenxo

Un mar tropical triunfa no espectacular desfile de Entroido de Sanxenxo

23/02/2026
Sanxenxo

No medio dunha gran participación, animada sen dúbida polo día sollío, Sanxenxo celebrou a súa gran cita do Entroido, o seu desfile infantil e de adultos. Centos de persoas percorreron o itinerario previsto que, tras saír da Avenida Luís Rocafort, percorreu o paseo de Silgar, Punta Vicaño, a Avenida de Galicia,...

PontevedraViva
Festa do Jato en Portonovo

Portonovo é terra de 'jatos'

22/02/2026
Sanxenxo

Agora que se fala tanto dos therian -persoas que aseguran identificarse de maneira psicolóxica e espiritual cun animal-, Portonovo reivindicou unha tradición similar. E é que un ano máis, e xa van once, as rúas desta vila mariñeira encheron de gatos. Ou máis ben, de 'jatos'. Aproveitando a xornada de bo tempo,...

Alejandro Espiño
Enterro do Loro Ravachol no Entroido de Pontevedra

O Ravachol máis esquimal sucumbe ao lume para despedir o Entroido pontevedrés

22/02/2026
Pontevedra

Coas cinzas de Ravachol aínda no ambiente, Pontevedra chora o final do seu Entroido. Foi tras oito días de festa que, como marca a tradición, pecharon coa despedida ao seu personaxe máis entrañable e reivindicativo, o Loro Ravachol. Ataviado cun traxe de esquimal, para defender a Groenlandia de Donald Trump, Ravachol sucumbiu...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres, un éxito contra vento e marea

21/02/2026
Vilaboa

Un ano máis, o Entroido de Cobres consolidouse como un dos eventos culturais con maior repercusión nas redes sociais de toda Galicia. O espírito, a elegancia e a forza das madamas e galáns volveron a protagonizar unha festa que, segundo os organizadores, quedará gravada na memoria colectiva como unha das máis...

PontevedraViva
Desfile do Enterriño da Sardiña en Bueu

O desfile do Enterriño da Sardiña enche de ilusión as rúas de Bueu

21/02/2026
Bueu

Cinco grupos, principalmente de asociacións de nais e pais da vila, participaron no desfile infantil do Enterriño da Sardiña, un dos principais eventos do Entroido de Bueu. Así, o evento estivo protagonizado pola ANPA A Pedra, a ANPA Alborada do Virxe Milagrosa, a ANPA Torre Cela, a ANPA Cabo Udra de...

PontevedraViva
Mostra da Parodia no Entroido 2026

Trump, un cabaret papal, un 'MasterChef' para bebés e unhas aloucadas galerías triunfan na Mostra da Parodia

21/02/2026
Pontevedra

Con moita retranca, diversión e certas doses de surrealismo. Así viviu Pontevedra unha das principais citas do seu Entroido, a Mostra da Parodia. Oito agrupacións participaron na edición número 29 deste certame que volveu encher de cor e risas algúns dos principais espazos do centro histórico. Os grandes triunfadores da velada foron os...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Desfile de Entroido do CEP Marcos da Portela

O alumnado do CEP Marcos da Portela enche Monte Porreiro de música e cor

20/02/2026
Pontevedra

Música e cor en Monte Porreiro co desfile do CEP Marcos da Portela. Estudiantado e profesorado percorreu as principais rúas do barrio até a Galiña Azul, a EEI Fina Casalderrey e o IES Luís Seoane. Encabezados polas comparsas As Flores do Carnaval e Os Canecos, e coa colaboración da ANPA O Miradoiro e a...

PontevedraViva
Actuación del Equipo Ja en el certamen de Murgas

Equipo Ja gana o certame de Murgas

20/02/2026
Pontevedra

O entroido pontevedrés xa ten vencedores. O grupo Equipo Ja volveu facer historia ao proclamarse, por terceiro ano consecutivo, gañador do Certame de Murgas na súa 34ª edición, confirmando que a súa fórmula de retranca, música e humor segue conquistando tanto ao público como ao xurado. Nun Pazo da Cultura co patio...

Oskar Viéitez
Enterro da Sardiña en Marín

Marín despide á súa sardiña baixo a choiva e sen perder o humor

19/02/2026
Marín

Nin o vento nin os chaparróns lograron augar a cita máis emblemática do Entroido marinense. Este mércores, Marín celebrou o Enterro da Sardiña, con raíces no século XIX e recoñecida como festa de interese turístico pola Xunta de Galicia. A xornada, marcada por un ceo encapotado e choivas persistentes, mantivo intacto o espírito...

Oskar Viéitez
Desfile do Enterriño da Sardiña en Bueu

Bueu concentra os desfiles do seu Entroido durante a fin de semana

19/02/2026
Bueu

A pesar do mal tempo dos últimos días, Bueu non renuncia a celebrar, como é habitual, dous desfiles para celebrar o Entroido e encher as rúas da vila de orixinalidade e diversión. Así, o desfile do Enterriño da Sardiña será o venres 20 de febreiro a partir das 17.00 horas. Tiña que...

PontevedraViva
Segunda eliminatoria do Concurso de Murgas

O Pazo vibra coa segunda semifinal do Concurso de Murgas

19/02/2026
Pontevedra

A segunda semifinal do 34º Concurso de Murgas de Pontevedra converteu o Pazo da Cultura nun auténtico laboratorio de sátira, da fina e da non tan fina. Sobre as táboas desfilaron Equipo Ja, Jana de Leria, Arrombados e Leña Verde, dispostos a demostrar que en Pontevedra hai máis puntería ca...

Oskar Viéitez
Noite Pirata no Entroido 2026

Benito Soto volve 'navegar' por Pontevedra na noite máis pirata do Entroido

18/02/2026
Pontevedra

Máis aló do concerto de King África ou da festa infantil na Praza da Ferrería, Pontevedra volveu un ano máis a mostrar o seu lado pirata evocando ao seu corsario máis famoso. O pirata Benito Soto, a bordo do seu barco Burla Negra, volveu a contar co apoio dos pontevedreses na súa...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Desfile de Entroido 2026 en Vilagarcía

Un particular 'país das marabillas' triunfa no desfile de Entroido de Vilagarcía

18/02/2026
O Salnés

Pasado pola auga nalgúns momentos pero sen restar nin un ápice as ganas de troula. Así se desenvolveu o desfile de Entroido de Vilagarcía de Arousa. Milleiros de persoas chegadas desde toda a comarca participaron nunha comitiva que, tras partir da rúa Alexandre Bóveda, rematou na Praza de Ravella despois de...

PontevedraViva
Concerto de King África na Noite Pirata do Entroido pontevedrés

King África pon música á Noite Pirata do Entroido pontevedrés

18/02/2026
Pontevedra

A Noite Pirata, unha das citas clásicas do Entroido pontevedrés, contou este ano cun protagonista singular: o cantante arxentino King África. O 'álter-ego' artístico de Alan Duffy, que xa actuou hai uns meses en Pontevedra, dentro do festival Surfing the Lérez, volveu a interpretar os seus grandes éxitos na cidade. Así, temas...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Festa pirata infantil na Praza da Ferrería

Os piratas máis novos invaden a Praza da Ferrería para celebrar unha gran festa

17/02/2026
Pontevedra

O Martes de Entroido, como marca a tradición, Pontevedra enche de piratas. Desde primeiras horas do día, moitos foron os que quixeron pasear pola cidade mostrando os seus mellores traxes piratas. Camisetas raxadas, panos na cabeza, espadas na man e o habitual gorro con caveiras foron, como todos os anos, as vestimentas máis...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Desfile de comparsas Entruido de Soutomaior

Soutomaior reorganiza o seu Entruido polo prognóstico de choiva

17/02/2026
Soutomaior

Aínda que o tempo non está a acompañar neste Entroido, o Concello de Soutomaior non se quere dar por vencido e reorganizou as citas que quedan por diante. O Enterro da Sardiña, orixinalmente programado para o mércores de cinza, trasládase ao venres 20 de febreiro debido á choiva prevista para a...

PontevedraViva
Os do Val do Lérez na primeira semifinal do XXXIV Concurso de Murgas de Pontevedra

Humor, crítica e música mordaz abriron a 34 edición do Concurso de Murgas

17/02/2026
Pontevedra

O Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este luns a primeira xornada da 34ª edición do Concurso de Murgas, unha cita que completou, un ano máis, a capacidade da sala. A gala, conducida pola actriz María Carrera, alternou as interpretacións musicais e a retranca da presentadora co público e...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Presentación do Loro Ravachol 2026

Ravachol, un "inuit rebelde" para defender Groenlandia do "chulito de patio de cole" Trump

16/02/2026
Pontevedra

A maior incógnita que se garda cada ano o Entroido de Pontevedra foi, por fin, desvelada este luns. Decenas de pontevedreses achegáronse até a Praza da Peregrina para coñecer de primeira man o disfrace escollido para o Loro Ravachol, auténtico símbolo do Entroido. Nesta ocasión o popular animal vestiu de "inuit rebelde" para defender...

Diego Espiño
Festa do Merengue

Choiva de doces en Marín coa Festa do Merengue

16/02/2026
Marín

A choiva obrigou a aprazar o desfile principal do Entroido de Marín, previsto para o domingo, pero non impediu que se celebrase a Festa do Merengue infantil este luns pola mañá na Lameiriña. Alí, a asociación Amigos dos Rapaces repartiu gratuitamente merengues, dando paso a unha batalla campal de fariña e...

PontevedraViva
Entroido de Cobres

O Entroido de Cobres desafía a choiva e mantén intacto o seu programa festivo

16/02/2026
Vilaboa

O Entroido de Cobres volveu a demostrar que non hai nada que poida paralo. Unha vez máis, a mocidade fíxose forte fronte ás inclemencias meteorolóxicas, e decidiu manter o programa previsto a pesar da choiva continua. Entroido de CobresConcello de Vilaboa A Asociación Cultural Cobres adquiriu chuvasqueiros transparentes para preservar os traxes, auténticas...

PontevedraViva
Segunda semifinal do XXXIII Concurso de Murgas de Pontevedra

Oito agrupacións compiten desde este luns no Concurso de Murgas de Pontevedra

16/02/2026
Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra retoma este luns unha das citas máis agardadas do Entroido, o Concurso de Murgas, un evento que tradicionalmente rexistra o cheo total no auditorio. A primeira xornada de eliminatorias comeza ás 21.00 horas deste luns coas actuacións de Naveiro "Aberto en Canal"; Val do Lérez...

Anxo Lourido
Desfile de Entroido 2026 en Caldas de Reis

Centos de persoas desafían a chuvia en Caldas para gozar do Entroido

15/02/2026
Umia

A inestabilidade meteorolóxica non foi freo para que as rúas de Caldas de Reis acolleran este domingo, 15 de febreiro, o seu tradicional Desfile-Concurso de Entroido. A xornada estivo marcada pola presenza de paraugas entre o público, que seguiu o percorrido da comitiva polas rúas do centro urbano. O desfile, que partiu ás...

Anxo Lourido
Entroido de Cobres nas casas particulares

Madamas e Galáns bailan a domicilio para facer fronte á chuvia

15/02/2026
Vilaboa

A celebración do Entroido de Cobres, no concello de Vilaboa, viviu este domingo unha segunda xornada marcada pola inestabilidade meteorolóxica. A presenza da choiva motivou que a comitiva de madamas e galáns trasladase a súa actividade dos camiños ao interior das vivendas da parroquia, unha práctica que pon de manifesto o...

Anxo Lourido
Desfile de Campelo

Aprazado o desfile de Entroido de Campelo previsto para este domingo

15/02/2026
Poio

O Concello de Poio comunicou ás 10:00 horas deste domingo o aprazamento do Desfile de Campelo, debido ás previsións de chuvia. Esta cita debía dar o inicio oficial á programación de Entroido no municipio. A decisión de pospoñer o evento tomouse de xeito consensuado entre a administración local e as persoas e...

Anxo Lourido
Desfile de Entroido en Pontevedra (II)

Coñece quen levou os principais premios do Desfile de Entroido de Pontevedra

15/02/2026
Pontevedra

A xornada deixou un palmarés moi repartido no que a agrupación Última Chamada se alzou como a gran protagonista ao recibir o Premio único extraordinario de grupos e comparsas, ademais de conquistar o primeiro posto na categoría de grupo disfrace, dotado con 2.400 euros. Nesta última modalidade, o segundo e o...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Desfile de Entroido en Pontevedra (II)

Desfile festivo e multitudinario de Entroido sen paraugas pero con abrigos

14/02/2026
Pontevedra

O Desfile de Entroido de Pontevedra celebrouse na tarde deste sábado cunha climatoloxía seca, cumprindo coas previsións meteorolóxicas que descartaban precipitacións durante o percorrido. A comitiva iniciou o seu trazado ás 17:00 horas desde a rúa José Malvar, despois da concentración e inscrición dos participantes, percorrendo logo vías céntricas como Benito...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Entroido de Cobres 2026

Comeza o Entroido de Cobres coa participación de 46 parellas de madamas e galáns

14/02/2026
Vilaboa

O Entroido de Cobres iniciou este sábado, baixo un ceo sen chuvia, a súa programación cunha comitiva composta por 46 parellas. A saída tivo lugar ás 10.00 horas para percorrer os diferentes barrios do municipio coas súas danzas tradicionais, nunha edición que destaca polo incremento no número de participantes respecto a...

Anxo Lourido
Enterro da Sardiña en Marín

Condolencias a partir do luns para despedir a Sardiña de Marín

14/02/2026
Marín

O Ateneo Santa Cecilia organiza unha nova edición do Enterro da Sardiña de Marín, o evento que marca o peche da programación do Entroido local. Esta celebración, que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2023, mantense baixo a xestión desta entidade cultural dende a...

Anxo Lourido
Os das Pistas sendo pregoeiros do Entroido 2026 en Pontevedra

Prendida a mecha do Entroido pontevedrés con Os das Pistas pedindo unha tregua á chuvia

13/02/2026
Pontevedra

A cidade de Pontevedra inaugurou oficialmente este venres o seu Entroido 2026. Malia as condicións meteorolóxicas adversas, o Concello mantivo o calendario previsto para a xornada inicial, que incluíu a recepción ao Rei Urco, o saúdo do alcalde e o pregón inaugural na Praza da Ferraría ás 21:00 horas. A presentadora...

Anxo Lourido
Cristina Saiz
Desfile do Entroido en Poio 2024

O desfile de Campelo abre un Entroido en Poio que se prolongará ata o 19 de marzo

12/02/2026
Poio

Este domingo, ás 12.00 horas, Campelo acolle o tradicional desfile que marcará o inicio dunha programación ampla de Entroido, participativa e chea de cor que se estenderá ata o vindeiro 19 de marzo por todas as parroquias do municipio. A comitiva partirá da biblioteca municipal para rematar na Praza da Granxa...

Oskar Viéitez
Obra no talude de Silgar

O desfile de Entroido modifica o seu percorrido polas obras no Paseo de Silgar

12/02/2026
Sanxenxo

O desfile de Entroido de Sanxenxo estreará este ano percorrido. As obras de urxencia que se están executando no último tramo do Paseo de Silgar obrigan a modificar o itinerario habitual por razóns de seguridade, tanto para os participantes como para o público. A cita será o domingo 22 de febreiro...

Oskar Viéitez
Entroido en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade organiza dúas grandes citas de Entroido con actividades para toda a familia

11/02/2026
Cerdedo Cotobade

Cerdedo-Cotobade volverá encherse de cor, música e moita imaxinación este Entroido cunha dobre cita festiva pensada para todos os públicos. O Concello aposta un ano máis polos concursos de disfraces como prato forte dunha programación que terá dúas paradas: o domingo 15 en Cerdedo e o sábado 21 en Carballedo. A primeira...

Oskar Viéitez
Persoas camiñando baixo a chuvia en Pontevedra

O Entroido terá que esquivar as borrascas

11/02/2026
Pontevedra

Desde inicios de 2026, os temporais non deron tregua, deixando un dos xaneiros máis chuviosos desde que existen rexistros, segundo a AEMET. Agora, a poucos días da celebración do Entroido, a cidadanía permanece expectante ante a posible chegada dun anticiclón procedente dos Azores. Esta festa, caracterizada por desfiles e comparsas nas rúas...

Cristina Martínez Penas
Proxección do loro Ravachol

Tres proxeccións da figura de Ravachol para anunciar o Entroido

10/02/2026
Pontevedra

O Concello de Pontevedra instalou gobos de iluminación en tres lugares emblemáticos da cidade -a Praza de España, o cruzamento de Benito Corbal con Daniel de la Sota e a Praza da Ferraría- proxectando a imaxe do Loro Ravachol, símbolo do Entroido en Pontevedra. Esta proposta anuncia a chegada do Entroido, que dará...

Cristina Martínez Penas
Presentación do Entroido de Barro 2026

O Corvo de Coralia protagoniza de novo o Entroido en Barro

09/02/2026
Barro

O Concello de Barro presentou a programación do Entroido 2026, volvendo apostar polo personaxe do Corvo de Coralia, unha figura popular coñecida por chamar ás galiñas a comer. Despois do éxito no seu debut en 2025, regresa este ano como personaxe simbólico do Entroido. As actividades comezarán este domingo 15 de...

Cristina Martínez Penas
Presentación do Entroido de Cobres en Figueirido

O Entroido de Cobres reinvéntase con 'Riomaior', un novo baile

08/02/2026
Vilaboa

Coma se fose unha homenaxe á tradición, a choiva deu unha tregua este domingo 8 de febreiro para poder gozar da presentación do tradicional Entroido de Cobres. As madamas e galáns de tan particular celebración, todo un emblema que en Cobres se caracterizan pola ausencia total de máscaras, a vistosidade dos...

PontevedraViva
Desfile do Entroido en Sanxenxo

Máis dunha semana de actividades para gozar do Entroido en Sanxenxo

08/02/2026
Sanxenxo

Sanxenxo xa está preparado para celebrar un dos entroidos máis animados da comarca. A festa contará cunha ampla programación dirixida a todas as idades que se estenderá do 13 ao 22 de febreiro. O pistoletazo de saída darao Noalla, que o venres 13 de febreiro, ás 20:30 horas, acollerá o Enterro do...

PontevedraViva
Presentación do Entroido de Bueu

Bueu aposta por un Entroido participativo e para todas as idades

06/02/2026
Bueu

O entroido de Bueu se estenderá do 12 ao 28 de febreiro, coa implicación directa das comparsas da vila e de numerosos colectivos sociais e culturais. A programación foi presentada este venres pola concelleira de Cultura, Carmen García, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada por representantes das comparsas e...

Oskar Viéitez
Entroido en Cobres 2025

Madamas e Galáns percorrerán este domingo Bértola, Figueirido, Postemirón, Paredes e as Salinas do Ulló

05/02/2026
Vilaboa

Este domingo, Vilaboa converterase nun auténtico espectáculo de cores, música e tradición coa presentación polas parroquias do Entroido de Cobres, unha celebración centenaria que cada ano fai do municipio un escenario único de emoción colectiva. A cita chega nun momento especialmente simbólico, despois de que o pasado ano as madamas e galáns...

Oskar Viéitez
Desfile de comparsas en Soutomaior

Aprazado en Soutomaior o desfile de comparsas ao 22 de febreiro polo prognóstico de chuvia

05/02/2026
Soutomaior

As previsións meteorolóxicas adversas previstas para este vindeiro sábado 7 obrigaron o Concello de Soutomaior a modificar a programación do Entroido. O evento central, o desfile de comparsas, trasládase ao domingo 22 de febreiro. Esta modificación afecta tamén á animación de rúa nos comercios, protagonizada por Juan de Arcade, que se levará a...

Anxo Lourido
Presentación do Entroido 2026 en Poio

Despregadura do Entroido 2026 por todas as parroquias de Poio

04/02/2026
Poio

O Concello de Poio xa ten todo listo para a celebración do Entroido 2026, unha das citas máis agardadas do calendario local que este ano destaca pola súa extensión con case un mes de actividades e pola implicación directa do tecido asociativo. O alcalde, Ángel Moldes, e a concelleira de Cultura,...

Anxo Lourido
Entroido en Vilagarcía

Aposta por un Entroido emocional para a cativada en Vilagarcía

02/02/2026
O Salnés

A Concellería de Xuventude deseñou unha programación infantil que pon o foco na intelixencia emocional, convertendo a tradicional festa de luns de Entroido nun espazo de aprendizaxe e expresión para os máis pequenos. O vindeiro luns 16 de febreiro, a Praza da Peixería transformarase no epicentro desta proposta. Baixo un fío condutor...

Anxo Lourido
Illa de Ons

O Entroido tradicional volverá encher de máscaras e tradicións a illa de Ons

29/01/2026
Bueu

O Concello de Bueu volverá apostar este inverno pola recuperación dunha das celebracións máis singulares do seu patrimonio cultural como é o Entroido da Illa de Ons. A cita será o vindeiro 8 de febreiro, cunha xornada festiva que combinará tradición, música e xogos populares, aberta tanto á veciñanza como ás persoas...

Oskar Viéitez
Desfile de comparsas Entruido de Soutomaior

Entruido inclusivo con protagonismo para o comercio local en Soutomaior

27/01/2026
Soutomaior

O Concello de Soutomaior xa ten todo listo para recibir unha das festas máis agardadas do ano. O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña, presentaron hoxe unha programación de Entruido. Nesta ocasión, o goberno local quere recuperar tradicións, dinamizar o comercio local e apostar pola inclusión...

Anxo Lourido
Enterriño da Sardina no Entroido 2023 en Bueu

Bueu anima á participación no Entroido cunha ampla convocatoria de premios

27/01/2026
Bueu

O Entroido de Bueu comeza a quentar motores e faino coa apertura do prazo para participar nos premios dos seus tradicionais desfiles. O Concello vén de activar a convocatoria, unha vez publicado o extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia deste martes, 27 de xaneiro, animando comparsas, agrupacións e participantes...

Oskar Viéitez
Desfile de Entroido en Vilagarcía de Arousa

7.300 euros en xogo no gran desfile de Entroido de Vilagarcía

26/01/2026
O Salnés

Este 2026, o certame de desfile de disfraces e carrozas en Vilagarcía de Arousa redobra a súa aposta pola creatividade repartindo un total de 7.300 euros distribuídos en 22 premios. O desfile, que se celebrará a tarde do martes 17 de febreiro, volverá ser o espazo onde se quere implicar a toda a...

PontevedraViva
Entroido de Cobres 2025

O Entroido de Cobres regresa ás rúas con catro días de tradición e festa

23/01/2026
Vilaboa

Vilaboa prepárase para vivir un dos eventos máis emblemáticos de Galicia: o Entroido de Cobres 2026, que se celebrará do 14 ao 17 de febreiro. A festa, organizada pola Asociación Cultural Cobres, combina tradición centenaria, música en directo, gastronomía e rituais singulares, e mantén como protagonistas ás elegantes Madamas e Galáns,...

Oskar Viéitez
Desfile de Entroido en Meis

O gran desfile de Entroido de Meis animará as rúas o sábado 14 de febreiro

22/01/2026
O Salnés

O Entroido xa ten marcada a súa cita principal no calendario de Meis. O sábado 14 de febreiro, as rúas do municipio encheranse de cor e música coa celebración do Gran Desfile de Entroido 2026. A organización preparou unha xornada que arrancará ás 17:00 horas dende os exteriores do Pavillón Municipal de...

Anxo Lourido
Desfile de Entroido de Ribadumia 2024

O Entroido de Ribadumia premia aos pequenos artistas e as grandes carrozas

21/01/2026
O Salnés

O Concello de Ribadumia anunciou a terceira edición do Concurso e Desfile de Disfraces e Carrozas Infantís, que se celebrará o luns 16 de febreiro de 2026. Este evento, xa consolidado como unha das citas destacadas do Entroido local, busca fomentar a creatividade e o espírito festivo entre os máis pequenos...

Oskar Viéitez
Desfile adulto de Entroido 2025 de Marín

Marín repartirá case 20.000 euros nos premios dos seus dous desfiles de Entroido

13/01/2026
Marín

O Concello de Marín xa está a traballar na organización do Entroido. As datas están marcadas no calendario e os motores da festa xa quentan para unha das celebracións máis esperadas do ano, que se desenvolverá do 13 ao 18 de febreiro cunha programación chea de cor, música e moita...

Oskar Viéitez