No medio dunha tarde agradable de sol, Bueu puxo fin ao seu Entroido. Foi co desfile do Enterro do Paxaro de Mal Agoiro, no que participaron centos de persoas.
A comitiva saíu da rúa Montero Ríos e pasou polas rúas Francisco Escáneo, Pazos Fontenla e Castelao antes de chegar á praia da Banda do Río.
Alí foi a tradicional queima do paxaro, elaborado para esta ocasión, como en anos anteriores, polo artista local Tino Resille.
No desfile participaron unha vintena de colectivos e persoas e, entre todos eles, o xurado premiou, entre as agrupacións de máis de quince compoñentes, a As Toxiñas (250 euros), O gran circo familiar (175 euros) e Club do Mar Bueu (100 euros).
Mercanorte (100 euros) e La plaga (80 euros) foron as gañadoras entre os grupos de ata quince membros e entre os disfraces individuais e en parella, os 80 euros do primeiro premio foron para Sandra Pérez Souto e A pulpeira mía, respectivamente.

Manuel Pérez Rodríguez e Eco Glam recibiron 50 euros dos segundos premios nestas dúas últimas categorias, segundo proclamaron os membros do comité.
Ademais, o xurado quixo premiar tamén ás comparsas e ás ANPA da vila.
Así, entre as comparsas triunfaron Os do pinsel (150 euros), Asociación Tinta Femia (100 euros), As Faltriqueiras (75 euros) e Os Kantaclaro (50 euros).
As mesmas cantidades, entre as asociacións de nais e pais, foron para as ANPA Cabo Udra, Torre Cela, A Pedra e Pichirilo, respectivamente.


Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.