Soutomaior reorganiza o seu Entruido polo prognóstico de choiva

Soutomaior
17 de febreiro 2026
Actualizado: 20:18

O Enterro da Sardiña, orixinalmente programado para o mércores de cinza, trasládase ao venres 20 de febreiro. O desfile, pola súa banda, celebrarase o domingo 22 a partir das 17:30 horas

Desfile de comparsas Entruido de Soutomaior
Desfile de comparsas Entruido de Soutomaior / Concello de Soutomaior

Aínda que o tempo non está a acompañar neste Entroido, o Concello de Soutomaior non se quere dar por vencido e reorganizou as citas que quedan por diante.

O Enterro da Sardiña, orixinalmente programado para o mércores de cinza, trasládase ao venres 20 de febreiro debido á choiva prevista para a primeira data.

O velorio comezará ás 19:30 horas e o cortexo fúnebre sairá ás 20:00 horas desde a Praza Cima de Vila. Pasará pola rúa Xosé Solla até finalizar en Cagazó, no campo da petanca, onde se dirá adeus á sardiña.

A previsión meteorolóxica tamén obrigou a modificar a animación rueira nos comercios, que se desenvolveu este martes enchendo de alegría, humor e espírito carnavalero as rúas de Soutomaior e Arcade.

Nesta xornada, o xurado visitou os comercios e hostalaría participantes no concurso 'VAIA MECO!', que premia os mellores versos e personaxes do Entruido.

Este domingo 22 de febreiro, ás 17:30 horas, arrincará desde o cruzamento de O Viso o desfile de comparsas, adaptado polas obras de humanización na Praza de Talo Río de Arcade e con final na rúa Roxelio Landeiro.

O primeiro tramo, até o cruzamento de Cima de Vila, será "silencioso" para que todas as persoas poidan gozar da cita en igualdade de condicións.

O desfile estará encabezado por Juan de Arcade, pregoeiro habitual, que lerá o pregón ás 20:00 horas. Posteriormente entregarán os premios e continuará a festa coa actuación do Trío Armonía.

Participan a Asociación Cultural Miúdos (Soutomaior), a Asociación Cultural Moreira a Tope (Soutomaior) e a Asociación Andaina de Persoas con diversidade funcional de Redondela, o tres convidadas, e as comparsas seleccionadas para desfilar.

Estas son a Asociación Sociodeportiva Cultural Os da Caña (Marín), Asociación Os da Casa (Vigo), Asociación Recreativa e Cultural de Guizán (Mos), Asociación Carnavalera Os Campechanos (Ponteareas), Asociación Cultural de Pontellas (Porriño) ou Asociación Os Festeiros de Bembrive (Vigo).

A elas sumaranse a Asociación Cultural Luces (Tomiño), Asociación Cultural Trompos Os Pes (Marín), Asociación A Pandilla (Ponte Caldelas), Asociación Recreativa e Cultural Barca de Loimil (Arbo) e a Asociación Agrupación Culural Comisión de Festas de Cepeda (Pazos de Borbén).

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en