Poio porá este sábado, 21 de marzo, o broche de ouro ao seu Entroido co enterro do Galo Fodorico e a Festa Choqueira.
Será a partir das 21:00 horas na Praza do Mosteiro.
O evento contará coa participación das comparsas Os Canecos, Grupo de Entroido Samieira, Os 100Tolos, As Sonecas, Moreira a Tope e Alegría de Bora.
Todas elas acompañarán o cortexo fúnebre, que sairá desde Os Canos.
A continuación será a quenda da Festa Choqueira, organizada pola ACV Ronsel.
Haberá premios, chocolate quente e unha actuación musical.
Desta maneira Poio despide un Entroido "histórico" en público e participación que encheu durante días as rúas de cor, música e gran ambiente.
O xoves 19, ademais, celebrarase en Vilariño o enterro da Galiña Vilarica. Será a partir das 18:30 horas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.