O Entroido de Marín desvela a súa programación e cartel, co Enterro da Sardiña como protagonista

Marín
27 de xaneiro 2026
Actualizado: 20:45

O Concello de Marín e as asociacións implicadas no Entroido presentaron este martes o cartel e a programación completa da festa

Presentación do cartel do Entroido de Marín
Presentación do cartel do Entroido de Marín / Concello de Marín

Xa cheira a entroido en marín.

O Concello e as asociacións implicadas no Entroido presentaron este martes o cartel e a programación completa da festa, na que aparece como gran protagonista o Enterro da Sardiña e os seus personaxes.

Eles son a imaxe escollida para dar vida o cartel do Entroido de Marín.

"Quixemos destacar o noso Enterro, que é Festa de Interese Turístico de Galicia, e que porá, coma sempre, o broche de ouro a unha programación entroidera chea de momentos de festa para a que xa non queda nada", asegurou a alcaldesa, María Ramallo.

Cantos de taberna, desfiles infantil e de adultos ou a Festa do Merengue son algunhas das actividades que conformarán este ano as xornadas festivas, que arrincarán o día 13 de febreiro e ás que tamén se suman os entroidos de San Xulián e de Seixo coa súa Burra Chirica.

Á presentación do Entroido de Marín acudiron tamén a concelleira de Festas, Marián Sanmartín, o Ateneo Santa Cecilia, a comparsa Os da Caña e Amigos dos Rapaces.

PROGRAMACIÓN COMPLETA DO ENTROIDO DE MARÍN

Venres 13 de febreiro: 20.00 horas - Cantos de Taberna polos bares de Marín.

Sábado 14 de febreiro: 16.30 horas - Desfile Infantil (Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal, Ezequiel Masonni, Parque Eguren). 17.00 horas - Gran festa infantil no Parque Eguren (en caso de choiva trasladarase ao pavillón do IES Illa de Tambo).

Domingo 15 de febreiro: 12.30 horas - Pasarrúas das Comparsas de Marín con diferentes saídas para xuntarse na Alameda. 17.00 horas - Gran Desfile de Entroido (Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, Parque Eguren).

Luns 16 de febreiro: Velorio da Sardiña no Concello. 12.00 horas - Festa do Merengue na Lameiriña. 17.00 horas - Festa infantil na Lameiriña. 17.00 a 21.00 horas - Tarde de Ludoxornadas no Museo.

Martes 17 de febreiro: 16.00 horas - 2º Torneo de Chave Enterro da Sardiña. 17.00 a 21.00 horas - Tarde de Ludoxornadas no Museo. 17.30 a 19.30 horas - Obradoiros e xogos infantís de Entroido na Alameda (ás 18.30 horas chocolatada). 18.00 horas - Velatrio da Sardiña. 20.00 horas - Enterro da Sardiña (Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, Sol, Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón e ao acabar saída por Real, Almuíña, Praza de España e despedida ao mar).

Sábado 21 de febreiro: 16.30 horas - Animación da Charanga Noroeste en Seixo. 17.00 horas - Desfile de Entroido de Seixo (desde San Blas até a Alameda cion a homenaxe á Burra Chirica, acabando con sesión de
música-baile.

Venres, 27 de febreiro: 17.00 a 20.00 horas. Entroido Solidario no Multiusos organizado pola Asociación NES (No Estamos Solos).

Domingo 8 de marzo: 17.00 horas - Desfile Entroido de San Xulián.

Arquivado en