A programación do Entroido marinense culmina este domingo 8 de marzo co desfile da parroquia de San Xulián.
Os participantes están convocados ás 16:00 para arrincar ás 17:00 horas desde a estrada xeral EP-0019, á altura da churrasquería Xan Xián, con final no adro das festas.
A animación musical correrá a cargo da discoteca móbil Dolce Vita, ademais de varios sorteos con agasallos doados por empresas e comercios.
Participarán no desfile as comparsas locais Os da Caña y Amigos dos Rapaces, junto a Os Canecos (Poio), As Sonecas e Os 100Tolos (Campelo-Poio), Os Solfamidas (Campo Lameiro), Os Miúdos (Arcade), Os Retrincos (Xeve), Alegría de Bora (Bora), Os Paparrulos (Marín), Moreira a Tope (Soutomaior), o Grupo de Carnaval Samieira, A Pandilla (Ponte Caldelas), Os Remolóns (Vilagarcía) e Os Furafollas (Vigo).
A organización destaca a boa sintonía entre os participantes e agradecen a súa disposición altruísta para que se poida levar a cabo o desfile.
Así mesmo, convidan a todo a veciñanza a participar nun evento organizado pola comparsa local Os da Caña, coa colaboración do Concello de Marín e a Comunidade de Montes.
Durante a celebración haberá un dispositivo de seguridade por parte da Policía Local e de voluntarios de Protección Civi.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.