Un mar tropical triunfa no espectacular desfile de Entroido de Sanxenxo

Sanxenxo
23 de febreiro 2026
Actualizado: 18:12

O gran desfile do Entroido repartiu case 11.000 euros en premios entre os seus participantes infantís e adultos. Completouse así unha fin de semana no que a Festa do Jato foi outra das súas apostas

Desfile de Entroido 2026 en Sanxenxo
Desfile de Entroido 2026 en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

No medio dunha gran participación, animada sen dúbida polo día sollío, Sanxenxo celebrou a súa gran cita do Entroido, o seu desfile infantil e de adultos.

Centos de persoas percorreron o itinerario previsto que, tras saír da Avenida Luís Rocafort, percorreu o paseo de Silgar, Punta Vicaño, a Avenida de Galicia, e a Avenida Rafael Picó até o recinto da lonxa de Portonovo.

En total, o desfile repartiu case 11.000 euros en premios.

Na modalidade infantil, os premios individuais ou en parella foron para As criaturas da fraga (150 euros), Alma salvaje (100 euros) e Pez linterna (80 euros).

Pola súa banda, entre os grupos gañaron Reinventando el país de las maravillas (500 euros), Quen o vive é quen o goza (300 euros) e La tarta se comparte (200 euros).

Desfile de Entroido 2026 en Sanxenxo
Desfile de Entroido 2026 en SanxenxoConcello de Sanxenxo

En canto aos participantes adultos, Muller escorpión (300 euros), Pide un desexo (200 euros) e Pechoche (150 euros) foron as tres opcións elixidas polo xurado.

Reinas del lago (800 euros), Remendos do faiado (400 euros) y Gripe aviaria (300 euros) gañaron entre os grupos de ata vinte compoñentes.

Nos de máis de vinte membros, triunfaron Mar tropical (2.200 euros), Gran Showman (1.200 euros) e Raíces de África (750 euros).

Os últimos premios concedidos polo xurado, neste caso na modalidade de fantasía de máis de 20 compoñentes, foron para Ave Fénix (1.700 euros), Os 100 Tolos (900 euros) e Os Retrincos (600 euros).

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en