Tras ter que aprazalo pola choiva, Poio puxo fin ao seu Entroido. Fíxoo, como é habitual, co seu animado Enterro do Galo Fodorico.
Decenas de persoas participaron no cortexo fúnebre este querido personaxe, que foi incinerado na Praza do Mosteiro.
Alí, foi pasto das chamas entre as bágoas e a retranca dos asistentes.
O desfile contou coa participación das comparsas Os Canecos, Grupo de Entroido Samieira, Os 100Tolos, As Sonecas, Moreira a Tope e Alegría de Bora.
A despedida a Fodorico, cuxo itinerario partiu desde Os Canos, completouse coa animación da Festa Choqueira, organizada pola ACV Ronsel.
O bo tempo animou á participación de numerosas persoas.
A iso axudou tamén a decisión dos organizadores de fretar autobuses que pasaron por diferentes parroquias de Poio para facilitar a asistencia.
A noite completouse cun sorteo de premios, unha chocolatada gratuíta e a actuación musical do Grupo Azabache.




Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.