O Ravachol máis esquimal sucumbe ao lume para despedir o Entroido pontevedrés

Pontevedra
22 de febreiro 2026
Actualizado: 1:42

Ataviado cun traxe de esquimal, para defender a Groenlandia de Donald Trump, Ravachol foi incinerado na Praza da Ferrería, a onde miles de pontevedreses acudiron a darlle o último adeus

Enterro do Loro Ravachol no Entroido de Pontevedra
Enterro do Loro Ravachol no Entroido de Pontevedra / Cristina Saiz

Coas cinzas de Ravachol aínda no ambiente, Pontevedra chora o final do seu Entroido.

Foi tras oito días de festa que, como marca a tradición, pecharon coa despedida ao seu personaxe máis entrañable e reivindicativo, o Loro Ravachol.

Ataviado cun traxe de esquimal, para defender a Groenlandia de Donald Trump, Ravachol sucumbiu de novo ás lapas da fogueira instalada na Praza da Ferrería, a onde miles de pontevedreses acudiron a darlle o último adeus.

Viúvas desconsoladas, plañideiras vestidas de rigoroso loito e autoridades participaron no velorio do loro, que abriu as súas portas xa pola tarde na Praza da Verdura.

O cortexo fúnebre que acompañou a Ravachol até a súa incineración percorreu as rúas San Román, Ferrería, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Isabel II, Rúa Real, Sarmiento e Pasantería para finalizar o seu percorrido na Praza da Ferrería.

Un séquito formado polas comparsas Os Canecos, As Sonecas, Os da Caña e Alegría de Bora, xunto aos grupos Vamos a todo e Os Alegres, animaron o desfile.

Coa queima do auténtico símbolo do Entroido pontevedrés, a Boa Vila despediu oito días de festa rachada.

Foi unha semana na que, a pesar do mal tempo, a alegría, o bo humor e a retranca apoderáronse das súas rúas. Comeza a conta atrás para o 2027.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en