O Entruido de Soutomaior comezou con bo ritmo na tarde-noite deste sábado 23 de febreiro, cun desfile de comparsas que encheu de cor, alegría e música as rúas de Arcade.
Un total de 15 comparsas, entre participantes, a municipal e dúas convidadas, desfilaron ante un público animado que non quixo perderse esta cita festiva.
O desfile, que partiu ás 17:30 horas dende a rúa Calvario, contou cun tramo silencioso no seu inicio, dende o Calvario ata o cruce de Cima de Vila. Este xesto permitiu que todas as persoas, sen distinción, puideran disfrutar en igualdade de condicións dunha das citas máis agardadas do Entruido.
As 12 comparsas participantes, procedentes de diferentes puntos da provincia, achegaron unha gran variedade temática ao desfile: fantasía, xogos, aventuras, viaxes, personaxes históricos, natureza, circo e piratas, entre outros. A elas sumáronse a Comparsa Municipal e dúas convidadas do concello: a Asociación Cultural Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.
O pregoeiro deste ano, "Juan de Arcade", foi o encargado de encabezar o desfile. Coñecido e querido no concello, Juan escolleu un disfrace que rendía homenaxe á ostra, á hostalería e ao mar, elementos clave na identidade de Soutomaior.
Unha vez rematado o desfile en Talo Río, a concelleira de Promoción Económica, Comercio e Hostalería, Rosana Comesaña, entregou un agasallo a cada comparsa participante: unha peza única de cerámica creada pola artista local Paula Pereira. Acto seguido, procedeuse á lectura do pregón e á actuación de Fabio, que puxo a nota musical ao evento.
A entrega de premios foi outro dos momentos máis esperados. O premio especial de inclusividade (100 euros) foi para a Asociación Andaina de Persoas con Diversidade Funcional de Redondela. O terceiro premio (600 euros) recaeu na Asociación Carnavalera Os Campechanos, mentres que o segundo premio (800 euros) foi para a Asociación Cultural Trompos Ós Pés - Parrulos de Marín. O primeiro premio (1000 euros) foi para a Asociación Os Festeiros de Bembrive, que se levou os maiores aplausos do público.
A festa continuou en Talo Río coa actuación do Trío Azabache, que mantivo en alto o ritmo durante a noite.
PROGRAMACIÓN DO ENTRUIDO
O Entruido de Soutomaior segue a todo vapor con máis actividades:
-
Venres 28 de febreiro: Desfile das nenas e nenos do CEIP Manuel Padín Truiteiro polas rúas de Arcade.
-
Sábado 1 de marzo: Encontro de Entruidos na Casa do Pobo da Pedreira, con sesión vermú de "Fanfarria Furruxa", Xantar Veciñal do Galo con arroz, Procesión do Galo, xogos infantís e verbena co "Dúo Marema".
-
Domingo 2 de marzo: Festa infantil "Quiquiriquí o galo corre aquí" na Alameda de Talo Río, con xogos populares e o espectáculo "Barafunda no galiñeiro".
-
Martes 4 de marzo: Fiada do martes de Entruido, con participación das pandereteiras de Gharghamala, Aboal, TouTón de Pazos de Borbén, San Vicente, A Hermida, entre outras.
-
Mércores 5 de marzo: Enterro da sardiña, que saerá ás 19:30 horas da Praza de Cima de Vila e rematará no campo da petanca, coa colaboración da Banda de Música Artística de Arcade, a Asociación da Xesteira, Moreira a Tope e a Asociación Cultural Miúdos.
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior
Concello de Soutomaior