Desplante dos alumnos da Escola de Restauración ao conselleiro de Cultura

Pontevedra
21 de novembro 2014

Un grupo de vinte alumnos da Escola de Restauración e Conservación déronlle as costas durante o discurso de Xesús Vázquez no acto de entrega dunha réplica vitual do tímpano románico de Palmou para despois abandonar as instalacións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Entrega do tímpano de Palmou no Encontro de Restauración
Entrega do tímpano de Palmou no Encontro de Restauración / Mónica Patxot
O conselleiro de Cultura explica que a actual situación da Escola de Restauración garante o futuro do centro /

Un grupo de vinte alumnos da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra levantouse como forma de protesta durante o discurso do conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, durante o discurso no acto de entrega dunha réplica virtual do tímpano románico de Palmou. Os estudantes permaneceron de costas durante un minuto mentres o conselleiro continuaba lendo o seu discurso para, a continuación, abandonar de xeito silencioso as instalacións do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Vázquez fixo referencia ao final da súa intervención sobre os estudos que se imparten na Escola de Conservación e sinalou que se está a adoptar a mellor fórmula para a continuidade do centro. Entende que se fose asumido pola Universidade de Vigo, a Escola podería quedar englobada dentro da Facultade de Belas Artes.

O conselleiro de Educación indicou que se buscou "unha contaminación entorno ao tema" e indicou que o perigo dun cambio se encontraría en que a Escola se convertese nunha especialidade máis de Belas Artes. E engadiu que os actuais estudos se encontran en igualdade de condicións cunha escola superior a través da LOMCE. Reclamou que se unisen esforzos para presentar másters e doutorados.

Pola súa banda, un voceiro dos estudantes, Noe Valtierra, indicou que en consenso co profesorado planearan facer unha exposición de dez minutos sobre a situación da Escola nas xornadas que se desenvolveron no Sexto Edificio do Museo. "No en forma crítica, sino para que la gente supiera en qué condición nos encontramos. Estas charlas nos daba la oportunidad". Denuncian que a proposta se incluíu no programa de charlas pero a organización recibiu unha chamada da consellería dicindo que se os alumnos participaban, o conselleiro non asistiría. "Es una falta de respeto y supone coartar nuestra libertad de expresión. Así que si él nos da la espalda, nosotros hemos decidido darles la espalda también a ellos", apuntou.

Valtierra indicou que para efectos legais, os estudantes da Escola si son equivalentes ao grao pero na práctica non. "Nosotros salimos al mercado laboral y competimos con gente que tiene titulación de grado y no de equivalente, es como si yo tengo un ciclo y compito con un universitario", explicaba o representante dos estudantes afirmando que en Europa non entenden o equivalente a grao. Rexeita os argumentos do conselleiro indicando que os profesores os apoian e que precisan a titulación. "No podemos quedarnos en esta situación, nos estamos ahogando. La escuela va a cerrar igual, hay gente que se va a Madrid en lugar de quedarse aquí", concluíu Noe Valtierra.

TÍMPANO DE PALMOU

O conselleiro de Cultura asistía ao acto de clausura do IV Encontro de Conservación e Restauración para entregar ao Museo Tiflológico da ONCE en Madrid, de xeito virtual porque a obra se encontra na exposición da escola pontevedresa, unha réplica do tímpano románico do século XII da Igrexa Parroquial de Palmou de Lalín.

O tímpano data de finais do século XII e esta realizado en granito. Desapareceu da igrexa durante moito tempo e recuperouse en Milán no ano 2006.