Destinan 6,2 millóns a contratar a 1.500 operarios municipais a partir de febreiro

Pontevedra
30 de decembro 2014

Os contratos terán unha duración de seis meses e teñen unha dobre finalidade: facilitar a inserción laboral de persoas que carecen de emprego e de prestacións e ofrecer aos concellos a posibilidade de ter a man de obra que precisan pero no poden contratar por falta de fondos  

Sinatura do convenio do Plan de Prácticas Laboral da Deputación Mónica Patxot

A Deputación de Pontevedra destinará 6,2 millóns de euros a contratar a unhas 1.500 persoas desempregadas para traballar como operarias nos concellos da provincia.

A Xunta de Goberno deu luz verde este martes ás bases do Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que vai rexer as citadas contratacións e faino co horizonte de que os traballadores xa poidan estar contratados e en activo no mes de febreiro.

Os contratos terán unha duración de seis mesesteñen unha dobre finalidade: facilitar a inserción laboral de persoas que carecen de emprego e de prestacións e ofrecer aos concellos a posibilidade de ter a man de obra que precisan pero no poden contratar por falta de fondos. 

Rafael Louzán explicou que a Deputación financiará o custo salarial total coa categoría de operarios, pero cada concello poderá decidir cambiar de categoría e pagar a diferencia de salario. O que sufraga a Deputación é unha xornada laboral de 25 horas á semana

Louzán vinculou este plan, co que sairán das listas do paro 1.500 traballadores da provincia, con outra das iniciativas posta en marcha pola Deputación para fomentar o acceso ao mercado laboral. Lembra que os concellos pontevedreses teñen ata o 2 de febreiro de 2015 para solicitar os traballadores que precisan dentro do Plan de Práctica Laboral.

Ata o 12 de xaneiro está aberto o periodo de inscrición para que 200 titulados superiores opten a outras tantas bolsas de traballo durante un ano nos concellos. Ata agora, as titulacións máis frecuentes que demandaron os propios concellos foron Administración e Finanzas, Traballo Social, Xestión Pública, Dereito, Bioloxía, Economía ou Turismo, entre outras.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora