O proxecto de restauración do Santuario da Virxe da Peregrina afronta os seus últimas días de execución co obxectivo de que o templo estea totalmente liberado de estruturas auxiliares para o inicio das Festas da cidade.
José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, e polo presidente da confraría Juan Carlos Aguilar, realizou unha visita técnica ao Ben de Interese Cultural (BIC).
Anunciou que a desmontaxe e retirada progresiva das estadas e elementos de obra concluirá de forma definitiva antes de que finalice este mes de xullo.
A data marcada no calendario para a firma da acta de recepción da obra é o vindeiro 4 de agosto.
Segundo explicou o propio conselleiro, as previsións actuais permiten contar con marxe suficiente para que o día 9 de agosto, xornada central na honra da Peregrina, veciños e visitantes poidan observar a edificación sen elementos provisionais na súa fachada.
"Eu creo que o o día grande será o día propio da Peregrina onde esperemos que poidamos estar aquí tamén desfrutando con todos os pontevedreses", apuntou López Campos.
A intervención, que contou cun orzamento definitivo algo superior aos 300.000 euros debido aos últimos axustes técnicos, tivo como prioridade frear o deterioro provocado polas filtracións de auga.
"É unha actuación importante e necesaria. Non é a última, porque estamos vendo tamén toda a parte exterior do peche, que vai a requirir tamén unha actuación de mellora", sinalou o conselleiro, "nos próximos meses seguiremos avanzando co propio equipo técnico da Consellería, o equipo de Patrimonio e tamén coa confraría para para ver as necesidades para seguir poñendo en valor unha das grandes xoias, non só do patrimonio de Pontevedra, senón de toda Galicia".
VENTILACIÓN NA CUBERTA
O equipo de arquitectos directores da obra, composto por Juan Manuel Doce e Dulcemaría Trigo, detallou que os traballos se estenderon no tempo debido ás persistentes choivas rexistradas durante o inverno, un factor que dificultou os labores na envolvente exterior do edificio.
A estratexia construtiva baseouse no principio de non selar hermeticamente as estruturas, senón en favorecer a circulación interna. "É un erro, aínda que entre un pouco de auga nalgún momento puntual, non é bo selar. É preferible que recircule o aire", indicaron os especialistas respecto do sistema de ventilación natural permanente deseñado para protexer os paramentos.
Na zona superior do santuario, substituíuse a antiga protección de chumbo por unha nova cuberta de zinc. Sobre esta superficie instalouse unha pasarela metálica de tipo tramex que servirá exclusivamente para as tarefas de mantemento da cuberta e para facilitar o acceso á maquinaria do reloxo do templo.
MUSEALIZACIÓN
Un dos cambios máis visibles a nivel arquitectónico localízase na torre do reloxo. Os técnicos procederon a desmontar un tellado precario que ocultaba a balaustrada orixinal.
No seu lugar, executouse unha nova estrutura de madeira forrada integramente en zinc que deixa a pedra á vista, devolvendo un aspecto máis limpo e fiel ao deseño orixinal.
Esta reforma implica tamén unha novidade na xestión dos elementos históricos do santuario como as pezas mecánicas que golpeaban as campás, que foron desmontadas e trasladadas á outra torre do templo co obxectivo de seren musealizadas e conservadas como pegada histórica da evolución do edificio.
Os traballos estendéronse á restauración directa de molduras, pináculos, cornixas e das imaxes da Virxe da Peregrina, Santiago, San Roque e a Alegoría da Fe.
O titular de Cultura enmarcou esta liña de actuación dentro da estratexia orzamentaria do Goberno galego para o mantemento dos bens culturais na provincia.
López Campos lembrou que esta obra sucede a outras intervencións recentes na cidade, como a restauración da basílica de Santa María a Maior, que contou cunha partida de 550.000 euros.

Retablo do Santuario Virxe Peregrina

Interior do Santuario Virxe Peregrina

Visita de López Campos ás obras no Santuario Virxe Peregrina

O conselleiro de Cultura na entrada ao Santuario Virxe Peregrina

Juan Manuel Doce, arquitecto, amosra unha réplica do Santuario Virxe Peregrina

Pablo Fernández e Juan Carlos Aguilar no Santuario Virxe Peregrina

Santuario Virxe Peregrina

Interior do Santuario da Virxe Peregrina

Visita do conselleiro de Cultura ao Santuario Virxe Peregrina

Retablo do Santuario Virxe Peregrina

Interior do Santuario Virxe Peregrina

Visita de López Campos ás obras no Santuario Virxe Peregrina

O conselleiro de Cultura na entrada ao Santuario Virxe Peregrina

Juan Manuel Doce, arquitecto, amosra unha réplica do Santuario Virxe Peregrina

Pablo Fernández e Juan Carlos Aguilar no Santuario Virxe Peregrina

Santuario Virxe Peregrina

Interior do Santuario da Virxe Peregrina

Visita do conselleiro de Cultura ao Santuario Virxe Peregrina
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.