Destinan case 40.000 euros para mellorar os cemiterios de Bueu e Cela

Bueu
18 de maio 2017

Unha axuda de 38.967 euros, que vén de conceder a Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos, servirá para financiar o proxecto de mellora dos cemiterios municipais situados nos núcleos de Bueu e de Cela

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, en Cela
O alcalde de Bueu, Félix Juncal, en Cela / Concello de Bueu

Unha axuda de 38.967 euros, que vén de conceder a Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos, servirá para financiar o proxecto de mellora dos cemiterios municipais situados nos núcleos de Bueu e de Cela.

Ao abeiro do Plan Concellos, a institución provincial xa destinara a Bueu 305.756 euros para o acondicionamento e mellora da praza Massó e a posta en marcha de áreas de xogos infantís adaptadas e inclusivas, así como áreas biosaudables e un área de skate park na vila, e 238.297 euros para a pavimentación de camiños públicos.

Ademais, 94.157 euros foron para a contratación de 15 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila.

Coa suma desta nova achega, Bueu xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 95,1% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 763.796 dun total de máis de 800.000 euros.