Detectan unha nova vertedura no río Gafos á altura de Tomeza

Pontevedra
14 de setembro 2014

A alerta foi dada por un veciño que paseaba pola zona e observou a filtración de augas fecais procedentes dun sumidoiro na confluencia dos ríos Pombal e Tomeza

Vertedura no río dos Gafos
Vertedura no río dos Gafos

O colectivo para o mantemento do río Gafos 'Vaipolorío' denunciou a presencia este domingo 14 dunha nova vertedura na canle á altura de Tomeza, cen metros de onde se produce a confluencia do río Pombal co río Tomeza.

Membros da asociación foron alertados por un veciño que paseaba polas inmediacións. Unha vez no lugar, os representantes de Vaipolorío comprobaron que nesa zona se produce un problema de filtración na rede de rede de sumidoiros que provoca que as augas fecais rematen derivando o río. A avaría, segundo o colectivo, precisa de reparación por parte da empresa concesionaria do servizo de mantemento municipal.

Dende o colectivo agradecen a colaboración cidadá porque demostra que cada vez se encontra máis sensibilizada coa saúde ambiental e recordan que, ante este tipo de casos de aparición de verteduras, o teléfono para realizar as denuncias ambientais é o 112.