Denuncian unha vertedura de aceite ao río Gafos

Pontevedra
13 de febreiro 2015

Segundo informaron esta mancha oleosa foi localizado durante a mañá do xoves no tramo comprendido entre ponte Nova e Rúa dos Peiraos

Vertedrua no tramo urbano do río dos Gafos
Vertedrua no tramo urbano do río dos Gafos

O colectivo ecoloxista Vaipolorío denunciou unha nova vertedura ao río Gafos no seu tramo urbano.

Segundo informaron, esta mancha oleosa foi localizado durante a mañá do xoves no tramo comprendido entre Ponte Nova e Rúa dos Peiraos.

Unha vez máis foi grazas á colaboración cidadá que se puido coñecer este atentado ecoloxista, que foi posto en coñecemento das autoridades.

Segundo Vaipolorío, a vertedura parece ser unha mancha de aceite.