Un detido por saltarse as medidas de control do VioGén e unha pelexa na rúa Serra neste fin de ano

Pontevedra
01 de xaneiro 2026
Actualizado: 13:09

A Policía Local de Pontevedra tramitou dilixencias tamén por conducións baixo os efectos do alcohol durante as últimas horas

Policía Nacional e Policía Local
Policía Nacional e Policía Local / Cristina Saiz - Arquivo

As últimas horas do 2025 en Pontevedra dejan diferentes incidencias notificadas polo Concello a partir dos informes da Policía Local.

Na mañá do mércores 31 de decembro produciuse a detención dun home tras saltarse as medidas de protección do sistema VioGén para vítimas de violencia de xénero establecidas polos organismos policiais e xudiciais para a protección integral das mulleres vítimas de maltrato.

Na mesma xornada do mércores, tamén pola mañá, tramitáronse dilixencias polo caso dunha persoa que circulaba nun vehículo e deu positivo no control de alcohol.

Durante a tarde rexistrouse unha saída de vía na rúa da Pomba sen feridos, pero con resultado tamén de positivo por alcolemia e a correspondente actuación policial.

Xa na noite do mércores 31 ao xoves 1 de xaneiro, a Policía Local interveu nunha pelexa na rúa Serra, na que unha persoa resultou ferida e foi trasladada a un centro sanitario. Axentes da Policía Nacional interviron na investigación do enfrontamento.

Ademais, verificouse unha saída de vía na avenida de Montecelo sen feridos, pero novamente con positivo en alcoholemia e apertura de dilixencias.