Os axentes municipais de Poio detiveron este mércores a un "coñecido" da Policía Local que arrastraba unha orde de procura, detención e comparecencia no Xulgado de Instrución 3 de Pontevedra.
Os axentes localizaron ao mozo na parroquia de Combarro. Este individuo conta con antecedentes por delitos de desobediencia e resistencia a axentes da autoridade.
Unha vez identificado foi trasladado para pasar a disposición xudicial na mesma tarde.
A Policía Local investigou a este home por un delito de ameazas graves e desobediencia contra axentes da autoridade no festival de Armadiña Rock en Combarro en agosto de 2021 e a causa está pendente deste xuízo.