Detido o presunto autor dun roubo con forza nun comercio de Pontevedra

Pontevedra
27 de febreiro 2024

O ladrón forzou a porta de acceso ao establecemento utilizando dous postes de madeira de dous metros

O ladrón forzou a porta de acceso ao establecemento utilizando dous postes de madeira de dous metros
O ladrón forzou a porta de acceso ao establecemento utilizando dous postes de madeira de dous metros / Policía Nacional

Axentes da Policía Nacional detiveron un home como presunto autor dun roubo con forza nun establecemento de Pontevedra.

Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os feitos tiveron lugar na madrugada deste martes. Unha persoa chamou ao 091 alertando da presenza dun home que tentando forzar a porta de acceso a un establecemento informático. 

Este individuo saíu correndo ao ser sorprendido polos encargados da limpeza do local que chegaban nese momento.

Unha patrulla desprazouse ao lugar detectando a presenza dun suxeito cuxas características físicas correspondíanse co presunto autor do forzamiento.

Os axentes efectuaron unha inspección ocular no local e comprobaron que a porta do establecemento estaba apalancada con dous puntais de madeira de máis de dous metros de longo e a ancoraxe da porta saltara polo aire.

Os axentes tras localizar ao presunto autor nas inmediacións detiverono polo roubo con forza.

Tras tramitarse o correspondente atestado policial, o detido foi posto ao dispor da Autoridade Xudicial.