Detido un home en Poio por un presunto delito de violencia de xénero

Poio
17 de agosto 2024

A intervención produciuse despois de que unha parella, procedente de Vigo, iniciase unha forte discusión mentres transitaban pola localidade. Segundo a denuncia da muller, o home agrediuna durante a disputa  

Detención dun home en Poio
Detención dun home en Poio

A Policía Local de Poio detivo este xoves a un home por un presunto delito de violencia de xénero.

A intervención produciuse despois de que unha parella, procedente de Vigo, iniciase unha forte discusión mentres transitaban pola localidade. Segundo a denuncia da muller, o home agrediuna durante a disputa.

Os axentes locais procederon á detención do presunto agresor iniciaron as dilixencias correspondentes para pasar a dispor xudicial este venres.

As autoridades insisten na importancia de non permanecer en silencio ante calquera situación de violencia de xénero.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora