Detido por violencia de xénero despois de que a súa muller e fillo se refuxiasen na casa dun veciño

Pontevedra
04 de xaneiro 2026

Ocorreu o pasado 31 de decembro. A vítima relatou ter recibido ameazas graves e insultos constantes, e revelou que o seu fillo sufrira até dous episodios de violencia física

Axentes da Policía Local de Pontevedra
Axentes da Policía Local de Pontevedra / Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevera detivo un home de 54 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero e malos tratos no ámbito familiar.

Ocorreu o pasado 31 de decembro.

Segundo informa o Concello, os feitos ocorreron ao redor das 13.50 horas no ámbito da vivenda familiar.

Foi un veciño da vítima a que alertou á Policía, informando de que a súa veciña de 52 anos e o fillo menor desta se refuxiasen no seu domicilio tras sufrir un episodio de malos tratos.

Unha vez no lugar, a muller manifestou aos axentes que a súa parella, coa que ten un fillo en común, padece problemas de addión ao alcol e que iso deriva en situacións de violencia psicolóxica e coaccións cara a ela e o menor.

No seu testemuño explicaba que cando o home non consegue que fagan o que el quere, reacciona violentamente gritando e golpeando obxectos da casa.

Nesta ocasión tería chegado ebrio ao domicilio familiar esixíndolle á súa muller que fixese a cea. Ante a negativa dela, explicou a vítima, comezou a gritar e a golpear o mobiliario.

Ademais a muller revelou aos axentes que o seu fillo sufrira até dous episodios de violencia física, recibindo labazadas e patadas nas costas.

Dada a situación a Policía Local solicitou a presenza dunha ambulancia para prestar atención ás vítimas e procedeuse á detención do home e a súa posta a disposición xudicial.