Detidos dous homes en Pontevedra por senllos episodios de violencia machista

Pontevedra
21 de xullo 2020

As agresións machistas producíronse en Mourente e nunha vivenda do centro da cidade, segundo informa a Policía Local, con apenas seis horas de diferenza

Policía local de Pontevedra Mónica Patxot

Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron esta madrugada dous homes acusados de protagonizar senllas agresións ás súas respectivas parellas, feitos que están a ser investigados por violencia machista.

A primeira das detencións, segundo informou a Policía Local, produciuse nunha vivenda da parroquia de Mourente, sobre as doce e cuarto da madrugada, cando un home tentou botar de casa á súa parella e á irmá desta.

A muller relatou aos axentes que o seu marido agrediuna tras un forcexo e explicou que o home cortara a auga e a luz do domicilio.

Entre as pertenzas do presunto agresor, a Policía Local achou u  fusible cuxa desaparición impedía o fluxo eléctrico na vivenda e durante a súa detención continuou insultando e ameazando á súa muller.

Segundo a vítima, estas ameazas de morte foron reiteradas por parte do seu agresor e que sempre se producían cando o home atopábase en estado ebrio. A pesar de que chamou ao 016, o teléfono contra a violencia machista, en tres ocasiones ata onte á noite non presentara denuncia.

Pola súa banda, pouco despois das seis da madrugada producíase o segundo incidente, nun domicilio situado no centro urbano da cidade.

O detido, que foi localizado horas despois do asalto, agrediu á súa ex parella e nai dos seus fillos a puñadas e patadas tras unha discusión. A muller, que presentaba feridas no rostro, a perna esquerda, o ollo dereito e en ambos os brazos, foi trasladada ao hospital de Montecelo.