Día de celebración na Illa de Tambo

Poio
07 de agosto 2016

Grande asistencia de visitantes na illa na última oportunidade de poder vela este ano, con motivo da xornada 'Tambo, un mar de historias' organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro

Xornada 'Tambo, un mar de historias' na Illa de Tambo Diego Torrado

Grande asistencia de cisitantes a deste domingo na Illa de Tambo, repleta de persoas dispostas a gozar dun dos recunchos máis descoñecidos da ría de Pontevedra.

Era a última oportunidade de visitar este ano a illa, aínda propiedade do Ministerio de Defensa, grazas á xornada 'Tambo, un mar de historias' organizada pola  Asociación Veciñal, Cultural e Recreativa Combarro.

Os barcos habilitados pola organización desde as 9:30 horas da mañá enchéronse de persoas que querían pasar unha xornada diferente neste tesouro escondido na ría e coñecer, da man de guías turísticos, as historia da illa.

Actividades, música, praia e comida completaron unha amena xornada de celebración, na que ademais se disputou por primeira vez unha carreira popular.

Con saída ás 13:00 horas, un grupo de 150 atletas completaron 5.000 metros de percorrido a través dunha pista perimetral da illa.