O vindeiro sábado 13 de abril, na praza de Ourense, o colectivo Difusión Felina levará a cabo un "mercadillo benéfico" coa intención de obter fondos para o seu obxectivo de axudar aos gatos rueiros.
Segundo sinalan desde esta asociación, neste 2019 xa recolleron máis de 50 gatos en Pontevedra. Carlos Ferrer, responsable desta protectora, moitos destes animais atopábanse en moi malas condicións. A asociación custea, sen axudas das administracións públicas, as operacións e tratamentos que precisan estes gatos. Na xornada deste sábado tamén aceptarán doazóns de alimentos, latas, leite para gatos, empapadores e transportíns.
Denuncian tamén que unha das últimas recollidas que fixeron foi a de cinco gatos recentemente nados, que foran abandonados nunha bolsa, ademais de tres gatos adultos, dous deles procedentes de colonias de gatos controladas.
Tamén recolleron un gato en Estribela, con colar e sen esterilizar. Ninguén o reclamou ata o momento. Afirman que no mes de abril só puideron dar en adopción un gato. En marzo a cifra foi de sete. Difusión Felina alerta que neste período do ano aumentan os abandonos destes animais.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.