O Concello de Poio anuncia as datas para a celebración do Entroido 2025, consolidando o formato introducido na edición de 2024.
As principais citas festivas chegarán co desfile de Campelo, que terá lugar o domingo 2 de marzo en horario de mañá, e a pasarela de comparsas da Seca, prevista para o venres 21 de marzo.
Estas datas foron consensuadas nunha xuntanza entre o alcalde, Ángel Moldes, a concelleira de Cultura, Natalia Sabarís, e representantes das comparsas e grupos locais.
O obxectivo desta programación é evitar solapamentos con outras citas da contorna, favorecendo unha participación máis elevada.
O formato de 2024, segundo o goberno local, trouxo a Poio comparsas e grupos procedentes de toda a provincia, como Gondomar, Meis, Xeve, Soutomaior e Sanxenxo, conseguindo un notable éxito de asistencia e animación.
O Entroido comezará o domingo 2 de marzo en Campelo, cun desfile que percorrerá o traxecto entre a Biblioteca Municipal e a Praza da Granxa. Alí rematará a xornada cunha gran festa que incluirá música, animación e a esperada entrega de premios aos mellores disfraces.
As actividades finalizarán o venres 21 de marzo na Seca, coa tradicional pasarela de comparsas, onde os grupos exhibirán os seus espectaculares disfraces e coreografías. Haberá menciones especiais para os participantes nesa xornada, música e moita animación.
O Concello de Poio destaca que todas as comparsas e grupos locais xa confirmaron a súa participación.
Ademais destas dúa citas principais, o programa incluirá os tradicionais enterros como os do Mexilón, o Berberecho, o Galo Bruxo e o Galo Fodorico, ademais doutras actividades en colaboración cos colectivos locais.
En canto aos premios e condicións do desfile de Entroido, o Concello aprobará nos vindeiros días as bases oficiais, onde se especificarán as categorías, os premios e os detalles para a inscrición.