Domínguez esixe priorizar os investimentos municipais nas once mocións do PP apoiadas polo BNG

Pontevedra
17 de abril 2024

Domínguez criticou que o BNG vote a favor das mocións "para contentar a los vecinos transitoriamente y evitar abucheos en el Teatro Principal, a sabiendas de que no tiene pensado ejecutar los acuerdos plenarios que se adoptan"

Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra
Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra /

Tras aumentar o orzamento ata os 116,5 millóns de euros, coa incorporación dos remanentes, o PP reclama ao goberno municipal que destine parte dese diñeiro para cumprir coas once mocións presentadas polos populares e que foron apoiadas polo BNG.

Para Rafa Domínguez, é un "signo de debilidad" que os nacionalistas apoien as propostas que presentan os populares no pleno "y luego no las ejecuten", lembrando que na corporación "reside la voluntad de todos los pontevedreses".

"Ahora no pueden decir que no tienen dinero", engadiu Domínguez, ante o superávit rexistrado nas contas de 2023 e a incorporación dos remanentes.

O líder dos populares entende que "dado que el BNG se niega a gobernar para la mayoría de los pontevedreses, lo mínimo es cumplir lo que sí ha votado a favor", polo que asegura que o PP será "generoso" e non incidirá en cuestións que rexeitaron os nacionalistas.

Así, Rafa Domínguez lembrou que o goberno de Miguel Anxo Fernández Lores apoiou as mocións para humanizar os barrios de San Roque, A Seca e A Parda ou para mellorar o ámbito de Ponte Muíños e o barrio de Monte Porreiro, entre outras.

A iso sumou os plans de mantemento de instalacións deportivas e de parques infantís, a mellora da iluminación pública no rural, a apertura dunha vivenda de acollida para mulleres maltratadas ou a implantación de sistemas acústicos nos semáforos.

Domínguez criticou que o BNG vote a favor das mocións "para contentar a los vecinos transitoriamente y evitar abucheos en el Teatro Principal, a sabiendas de que no tiene pensado ejecutar los acuerdos plenarios que se adoptan".

Ante o que presumen será unha negativa do goberno municipal, o portavoz do PP avanzou que nas próximas semanas, Domínguez reunirase con todos os veciños afectados para informarlles que as súas demandas son "papel mojado" para o executivo pontevedrés.