Non quixo verbalizar as palabras 'moción de censura', pero Rafa Domínguez ten claro que o tempo de Miguel Anxo Fernández Lores como alcalde de Pontevedra chegou á súa fin e apelou ao PSOE para buscar "fórmulas de diálogo" para conseguilo.
"Siento la responsabilidad de dar un paso al frente, sinalou Domínguez, para cambiar o "rumbo decadente" que leva a cidade de Pontevedra. Para iso, convidou ao líder socialista, Iván Puentes, a "explorar posibilidades para echar a Lores de la alcaldía".
Esas posibles negociacións pasarían por buscar unha "alternativa", segundo o portavoz do PP, ao actual goberno municipal, conversando cos socialistas en base aos seus respectivos programas electorais, "que se parecen más" entre ambos os que o que defende o BNG.
Os responsables políticos, sostivo Rafa Domínguez, "debemos dialogar y acordar en vez de perder el tiempo en disputas estériles", polo que considera que, ante a situación que atravesa Pontevedra, "ahora la pelota está en el tejado de Iván Puentes".
"Debe escoger si quiere cumplir su programa o quiere mantener a Lores en la poltrona", subliñou o dirixente do PP, que quere impulsar un "modelo de puertas abertas" na administración municipal "sin sectarismos e sin una gestión del siglo pasado".
Se o socialista aceptase a oferta do PP, lembrou Domínguez, reabriríase Raíña Victoria, o mercadiño volvería á Alameda, aplicaríase a nova RPT municipal ou se impulsaría a humanización de Monte Porreiro, o destape do Gafos ou a mellora do ámbito do río Lérez.
A "debilidad" e o "aislamiento" de Lores, segundo o líder dos populares pontevedreses, acentuouse tras non superar a cuestión de confianza vinculada aos orzamentos, provocando que Pontevedra estea "paralizada" cun goberno "viciado" e sen actuacións "relevantes".
Rafa Domínguez considera que esta situación non ten arranxo ante a "pésima relación" entre os ex socios de goberno, polo que o "cambio de rumbo" que ao seu xuízo necesita a cidade pasaría por un acordo entre populares e socialistas, "o con dos concejales del PSOE".
Entre ambos os partidos, insistiu Domínguez, "tenemos el respaldo mayoritario de los pontevedreses", polo que asegura que a súa responsabilidade é "abordar la difícil tarea" de iniciar un diálogo cos edís socialistas, "por muy difícil que sea" chegar a acordos.