Inician a reparación do muro de contención do río Gafos entre a avenida da Estación e Ponte Boleira

Pontevedra
12 de xaneiro 2024

Desde o goberno local explican que as fortes riadas dos últimos anos fixeron que as pedras do muro foran derrumbado neste tramo e existía o perigo de que acabasen afectando á senda e a invadisen  

Traballos de reparación do muro de contención da canle do río Gafos
Traballos de reparación do muro de contención da canle do río Gafos / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana a reparación do muro de contención do río Gafos localizado entre a entrada da avenida da estación e o acceso por Ponte Boleira, próximo á ponte de madeira que conecta a senda coa traseira do antigo ximnasio Budo.

Desde o goberno local explican que as fortes riadas dos últimos anos fixeron que as pedras do muro foran derrumbado neste tramo e existía o perigo de que acabasen afectando á senda e a invadisen.

Ante esta situación, o concelleiro de Servizos Urbanos básicos, Xaquín Moreda, acordou pechar este tramo durante os vindeiros días priorizar a reparación desta zona e asi evitar que as augas do río saian do seu leito e afecten a senda urbana.

As obras teñen un custe aproximado de 40.000 euros e consisten en retirar as pedras (de gran tamaño) que estaban no leito do río, limpar e compactar a zona e colocar novas pedras do país para garantir que o río non saia da súa canle.

Estes traballos, indican, son complexos nestas datas posto que o Gafos leva moita auga no inverno e as crecidas afectan á actividade.