Atopan verteduras de plásticos nun afluente do río Gafos

Pontevedra
13 de xaneiro 2024

Os pellets que están a chegar desde hai semanas ás costas galegas non son os únicos plásticos que ameazan o noso ecosistema. Sábeno ben os membros de Vaipolorío, que localizaron unha nova vertedura de voluminosos deste material na contorna do río Gafos

Vertedura de plásticos nun afluente do Gafos
Vertedura de plásticos nun afluente do Gafos / Vaipolorío

Os pellets que están a chegar desde hai semanas ás costas galegas non son os únicos plásticos que ameazan o noso ecosistema.

Sábeno ben os membros de Vaipolorío, que localizaron unha nova vertedura de voluminosos deste material na contorna do río Gafos.

Voluntarios desta asociación comunicación ao 112 Galicia e á Policía Local de Pontevedra o achado de residuos plásticos no lugar de Redondelo, á beira do río Cubela.

Trátase dun dos afluentes do río Gafos.

Axentes do corpo municipal compareceron no lugar e levantaron acta da vertedura, para investigar a súa procedencia e identificar as persoas responsables.