Vaipolorío reivindica a importancia dos humidais "no día que casan os paxariños"

Pontevedra
03 de febreiro 2024

O colectivo ecoloxista viviu unha xornada para o estudo dos liques da man de María Eugenia López de Silanes Vázquez, profesora titular na Escola de Enxeñaría Forestal no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e Eva María Abril Bausela Enxeñeira, técnica forestal.

Membros de Vaipolorío no Día dos humidais
Membros de Vaipolorío no Día dos humidais / Vaipolorío

O día 2 de febreiro celébrase a Candelaria, casan os paxariños, e coincidindo con esta data Vaipolorío, un ano máis, celebrou o Día Mundial dos Humidais. 

O colectivo ecoloxista viviu unha xornada para o estudo dos liques da man de María Eugenia López de Silanes Vázquez, profesora titular na Escola de Enxeñaría Forestal no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e Eva María Abril Bausela Enxeñeira, técnica forestal.

Os humidais son de grande importancia ecolóxica, neles crece gran parte do plancto que vai dar aos bancos marisqueiros das nosas rías.

O río Cocho-Toxal-Tomeza- Gafos, conta con dous humidais chamados de terreo baixo, como di Calros Solla: boedos, chaguazos ou chagorzas. Un en Bértola chamado "A Fonteiriña" (tramo río Toxal) e outro "As Brañas" en Salcedo (tramo río Tomeza).