Domínguez ve a Lores o "único culpable" dos prezos da vivenda: "No ha hecho absolutamente nada"

Pontevedra
06 de abril 2026

O portavoz popular afirmou que a este problema "no se ha llegado de un día a otro". Considera que é froito do "desdén" do executivo municipal e da súa "falta de planificación"

Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP
Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP / Alberto de Madrid Lafuente

Un informe da sociedade de tasación Tinsa sitúa a Pontevedra como a terceira capital española onde máis creceu o prezo da vivenda. Sostén que, no último ano, facerse cunha propiedade inmobiliaria encareceuse un 19,8%.

Este incremento, para o Partido Popular, "es una auténtica barbaridad", segundo asegurou o seu portavoz municipal, Rafa Domínguez, que culpou desta situación ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

"Lores no ha hecho absolutamente nada", denunciou Domínguez.

Afirmou que a este problema "no se ha llegado de un día a otro",, senón que considera que é froito do "desdén" do executivo municipal e da súa "falta de planificación".

O líder do PP apuntou que "no se puede gobernar Pontevedra con un PXOM de 1989" un documento que, insistiu, está "desfasado y anticuado" e que ao seu xuízo contribúe a "constreñir y estrangular" o crecemento da cidade.

Reiterou que aprobar un novo PXOM é "fundamental" para Pontevedra, xa que entende que "es absolutamente necesario para decidir hacia dónde va la ciudad", ampliando o solo urbanizable e desbloqueando o desenvolvemento urbanístico.

Domínguez apuntou que "lo que no puede ser es que en Pontevedra a día de hoy el precio de la vivienda se dispare y llevemos 26 años sin hacer absolutamente nada" que sirva para frear esta escalada "dramática" do custo da vivenda.

"El único culpable es Lores porque no ha sabido gestionar el crecimiento de la ciudad", sentenciou Rafa Domínguez, que propón, entre outras medidas, acelerar a concesión de licenzas e que haxa máis transparencia no proceso ou reforzar os servizos de urbanismo.

Ademais de aprobar ese novo PXOM, os populares suxiren tamén a necesidade de que o goberno municipal manteña reunións periódicas con todos os colectivos e colexios profesionais "para fijar puntos de vista y los objetivos de la ciudad".