Domínguez promete ser "especialmente exigente" e escrutar "cada euro" que xestione o Concello

Pontevedra
12 de xullo 2023

Converterse no partido maioritario da corporación, con once concelleiros de 25, non permitirá ao PP gobernar en Pontevedra, pero fará que desde a oposición "redoblemos nuestros esfuerzos", segundo advertiu Rafa Domínguez, para "auditar y vigilar" ao goberno municipal

Rafa Domínguez, portavoz do PP de Pontevedra Mónica Patxot

Converterse no partido maioritario da corporación, con once concelleiros de 25, non permitirá ao PP gobernar en Pontevedra, pero fará que desde a oposición "redoblemos nuestros esfuerzos", segundo advertiu Rafa Domínguez, para "auditar y vigilar" ao goberno municipal.

Domínguez prometeu ser "especialmente exigente" cos edís do PP, ao que lles demandará "trabajo y dedicación" ante o que considera que é un mandato "fundamental" para os populares polas "sinergias importantes" que supoñerá gobernar na Deputación.

Ante esta nova situación, o líder do PP pontevedrés optou por reorganizar as funcións do seu equipo "para mejorar la efectividad de cada uno de ellos".

El mesmo continuará sendo o portavoz do grupo municipal e coordinará todo o traballo dos seus compañeiros nas diferentes áreas de xestión.

Pepa Pardo será a viceportavoz do grupo, que compatibilizará co seu cargo como senadora se é elixida nas eleccións do 23J. Será a responsable de supervisar o traballo municipal en materia de réxime interior, persoal, patrimonio e o padrón de habitantes.

Igualdade, benestar social e turismo serán as áreas que auditará Silvia Junco, mentres que Guille Juncal continuará con deportes e mocidade, Gerardo Pérez Puga con emprego, Martín Martínez con rural e Juanma Muñoz con economía, facenda, ordenanzas ou as mesas de contratación.

As novas incorporacións ao grupo, pola súa banda, encargaranse de promoción económica, que será para Silvia Crespo; urbanismo e mobilidade, que levará Iago Acuña; cultura e educación, que asumirá Aroa Otero; e festas, zonas verdes e ocupación do espazo público, para Beatriz Rey.

"La labor de escrutinio tiene que ser muy potente desde el primer día", sostivo Rafa Domínguez, que garantiu que o PP escrutará "cada euro, cada convenio y cada acción municipal" do goberno que, con nove edís, ostenta de momento o BNG en solitario.

A pesar diso, o portavoz popular asegurou que "no dudo que van a llegar a un acuerdo de gobierno" co PSdeG-PSOE de Iván Puentes, o que lles garantiría unha maioría estable no pleno. "Pero por ahora no la tienen", sostivo, e así, engadiu, "gobernar es distinto".